Lingua manesa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A lingua manesa (tamén coñecida como gaélico manés, manx en inglés) é unha lingua celta que se fala na illa de Man, unha pequena illa do Mar de Irlanda que constitúe unha dependencia autogobernada da coroa británica e que non pertence ao Reino Unido.
No século V, os goidélicos ou gaélicos, procedentes de Irlanda invaden a illa, traendo a súa lingua céltica, que, cos séculos, evolucionaría ata se converter na actual lingua manx, a cal tamén ten préstamos nórdicos, froito das sucesivas invasións viquingas: primeiro no século IX e logo unha segunda invasión viquinga procedente de Irlanda no século XI. A illa mantívose baixo dominación norueguesa ata a segunda metade do século XIII.
Linguas celtas | |||
Linguas celtas continentais | Galo †| Lepóntico † | Gálata † | Celtibérico † | Nórico † | ||
Linguas goidélicas | Irlandés | Gaélico de Galloway ? † | Manx | Gaélico escocés (Gaélico escocés • Gaélico canadiense) | ||
Linguas britónicas | Bretón | Córnico | Britónico † | Cúmbrico † | Ivérnico ? † | Picto ? † | Galés | ||
Linguas mesturadas | Shelta | Bungee † | ||
† Lingua morta |
O illamento da illa e a súa dependencia da coroa inglesa (logo británica) a partir do século XIV fixeron que o manx adoptase unha grafía baseada no inglés e non noutros idiomas celtas.
A poboación conservou o seu idioma ata o século XVIII, e non foi ata mediados do século XIX cando comezou a súa decadencia. En 1831 falábao regularmente o 30% da poboación; en 1901 só o falaban 970 persoas e o último falante nativo de manx, Ned Maddrell, morreu en 1975 á idade de 97 anos.
Hoxe en día, o manx sobrevive grazas a un pequeno número de persoas que o aprenderon como segunda lingua e que intentan potencialo fronte ao inglés, a súa lingua materna.
[editar] Mostra textual
Evanxeo de Xoán, V 1 - 8 .
- 1. Ayns y toshiaght va'n Goo, as va'n Goo marish Jee, as va'n Goo Jee.
- 2. Va'n Goo cheddin ayns y toshiaght marish Jee.
- 3. Liorishyn va dy chooilley nhee er ny yannoo; as n'egooish cha row nhee erbee jeant va er ny jannoo.
- 4. Aynsyn va bea, as va'n vea soilshey deiney.
- 5. As ren y soilshey soilshean ayns y dorraghys, as cha ren y dorraghys goaill-rish.
- 6. Va dooinney er ny choyrt veih Jee va enmyssit Ean.
- 7. Haink eh shoh son feanish, dy ymmyrkey feanish jeh'n toilshey, liorishyn dy voddagh dy chooilley ghooinney credjal.
- 8. Cha nee eh va'n soilshey shen, agh v'eh er ny choyrt dy ymmyrkey feanish jeh'n toilshey shen.
Linguas célticas modernas | ||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ver tamén: Lingüística · Celtas · Países celtas |