Lingua románica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lingüística > Lingua > Indoeuropeo > Latín > Lingua románica
Lingua románica, lingua romance ou lingua neolatina serve para definir a todas aquelas linguas pertencentes á familia do latín e que proveñen del. Dentro desta familia podemos atopar linguas como o italiano, romanés, francés, catalán, castelán, galego, occitano, friuliano, franco-provenzal, sardo e portugués.
O galego é unha lingua románica. Esta lingua sufriu moitos problemas ou conflitos ó longo de toda a súa historia, que pasou de ser lingua de uso na corte e de prestixio na literatura medieval inicialmente a chegar a ser prohibida na súa utilización en documentos públicos.
A pesar de avances sociais notorios e da súa oficialización, a súa situación está comprometida, en especial nas grandes cidades e entre os máis novos.