Linguas célticas continentais
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As Linguas célticas continentais son as linguas célticas, todas extintas hoxe, que se orixinaron e se falaron no continente europeo (en oposición ao celta insular, que tivo orixe nas illas británicas (das que aínda hoxe se falan seis). Malia que é probábel que os celtas falase ducias de linguas e dialectos diferentes por toda Europa en época prerromana, hoxe só están testemuñados cinco destas linguas:
- lepóntico (entre o século -VII e o -III).
- galo (entre o século -III e o II).
- gálata (entre o século -III e o IV).
- celtibérico (século -I).
- nórico (século I ou século II? Só conservamos dous fragmentos.)
O lepóntico considérase xeralmente un dialecto do galo, como o gálata.
O termo celta continental úsase en contraste con céltico insular. Mentres a maioría dos investigadores concordan en que o celta insular é unha rama distinta do celta, que sufriu innovacións lingüísticas comúns, non hai evidencia de que as linguas célticas continentais poidan ser clasificadas deste xeito. De feito, o termo celta continental só se refire ás linguas célticas non insulares: é, xa que logo, unha definición negativa. Como conservamos pouco material desta slinguas celtas continentais a análise da lingüística histórica baseada no método comparativo é difícil de realizar.
Linguas célticas modernas | ||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ver tamén: Lingüística · Celtas · Países celtas |