Loentia, Castro de Rei
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santo Estevo de Loentia é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 291 habitantes (153 homes e 138 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 303 habitantes.
Por outra parte, a freguesía de Loentia está conformada por 6 núcleos de poboación: Bouzaboa, Os Carballás, As Lombas, Portocovo, O Real e Os Vales.