Prevesos, Castro de Rei
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santo Estevo de Prevesos é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 185 habitantes (94 homes e 91 mulleres), distribuídos en 16 entidades de poboación (aldeas), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 195 habitantes.
A parroquia de Prevesos está conformada polas seguintes aldeas: O Boucido, O Candal, A Casa Nova, O Covelo, A Devesa, A Garduña, A Irexa, O Marzo, Orxás, Piñeiro, A Pousadela, O Rego, As Trapas, A Veiga da Lama, Ver, O Vilar.
O padroeiro de Prevesos celébrase na fin de semana anterior ao San Xoán.