Méixome, Lalín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santiago de Méixome é unha parroquia do concello de Lalín. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 142 habitantes (74 mulleres e 68 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 146 habitantes. Pertence ao preestazgo do Deza e a diocese de Lugo, e confina coas feligresías de Bermés e Busto (N), Santiso (S), Bermés (E) e Madriñán e Noceda (O).
Ten máis de 160 habitantes, nas entidades do Casteiñeiro, Castro, Mato, Méixome e Requeixo e dista 9 km, da capital municipal.
Alcanza unha altitude máxima de 700m e está bañada polo Rego de Freixo.
Os seus monumentos son: unha igrexa de estilo románico e un antigo castro situado na aldea do Castro.
As súas festas parroquiais son o 16 e 17 de agosto na honra a san Roque. O primeiro fin de semana do mes de outubro toda a parroquia reúnese para realizar a chamada Festa dos Veciños no campo da festa.
Méixome foi a primeira parroquia do concello de Lalín na que se fixo a concentración parcelaria.