Palmou, Lalín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Xoán de Palmou é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 192 habitantes (99 home e 93 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 225 habitantes.
Entre os seus monumentos, destaca a igrexa románica. O seu tímpano, coa representación da loita de Sansón e o león (peza dada a coñecer por Xosé Ramón e Fernández-Oxea nos anos trinta do século XX), é a cabeza de serie dun grupiño de sete tímpanos co mesma escena. Saído ilegalmente de España, o seu rastro foi atopado por Carlos Sastre Vázquez ("Os sete tímpanos galegos coa loita de Sansón e o león. A propósito da posible recuperación dunha peza do noso patrimonio", en Anuario Brigantino, 2004), e recuperado pola Deputación de Pontevedra. Hoxe exhíbese no Museo de Pontevedra.