Mapalé
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Mapalé é unha danza de parellas que bailan con movementos frenéticos e eróticos. O baile basease en saltos, caídas, persecucions e enfrentamentos entre a muller e o home.
Mapalé é tamén o nome dun peixe e a lenda conta que os pescadores bailaban esta danza para celebrar a boa pesca e cos seus movementos estaban representando o movemento do peixe fóra da agua.
Índice |
[editar] Orixe do Mapalé
É unha danza típica que se baila en Colombia. Foi levada hai máis de catrocentos anos a Cartaxena de Indias polos escravos de Guinea.
Naceu como canto de pescadores de Mapalé ou Chigua, nas ribeiras do Río Magdalena. Obtivo o seu nome dese peixe famoso polo seu aceite, denominación que tamén se aplica ao tambor de forma cilíndrica que marca o compás. Mapalé é unha danza de orixe africana que se baila na costa atlántica e nas ribeiras do río Magdalena, de ritmo rápido, con palmas constantes dos participantes e de marcada tendencia lúdica.
[editar] Motivo da denominación
• É unha palabra sinxela e sonora, suxestiva e que produce curiosidade.
• A danza ten unha forza incríbel e representa dalgunha maneira un estremecemento interno por un cambio, un desexo de querer expresar sentimentos, sensacions, experiencias e moito máis.
• Aí é onde Mapalé representa a todos aqueles que a través das artes expresan a súa forza interior.
• A danza mapalé forma parte do patrimonio ancestral dun país latinoamericano, pero á vez é descoñecida para a gran maioría.
• Ademais a súa mesma historia é o reflexo de como a cultura e as tradicions non morren senon que continúan e se enriquecen cando transmigran.
[editar] O ritmo
É un dos ritmos máis primitivos do folklore atlántico, e no cal se reproducen con notábel fidelidade moitos aspectos dos bailes africanos.
É un ritmo rápido que se baila e canta con grande axitación, logrando unha aceleración constante e casi frenética do corpo. Este baile sempre tivo unha carga sexual compaxinada con movementos pélvicos e incluso con contorsions.
[editar] Instrumentos
Só son precisos dous tambores: "o chamador" e o "tambor maior ou macho" son suficientes para acompañar esta danza. Actualmente, incorporanse a "tambora" e o guache.
Instrumentos: Tambor chamador (macho), Tambor alegre (femia), Tambora e Guache.