Mar de Weddell
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Mar de Weddell é unha ampla porción do Océano Glacial Antártico comprendida entre a Península Antártica polo oeste, as Illas Orcadas do Sur polo norte, a Terra de Coats e a Terra da Princesa Marta ao leste. Ao sur atópase a segunda barreira de xeo máis grande do mundo: o conxunto Filchner-Ronne, que se apoia na Terra de Edith Ronne, esta barreira rodea en gran parte á gran Illa Berkner. Xunto ao litoral da Península Antártica está a Barreira de Xeo Larsen, cuxa parte norte veuse colapsando rápidamente nos últimos anos.
A parte da Antártida ubicada ao oeste deste mar, ata o Mar de Ross, denomínase Antártida Occidental ou Menor, e ao leste, Antártida Oriental ou Maior.
A anchura máxima deste mar é duns 2.000 km, cubrindo un área de 2,8 millóns de km².
Foi nomeado en honor ao mariño británico James Weddell que se internou neste mar en 1823 alcanzando os 74° S. Foi explorado ampliamente por primeira vez polo escocés William S. Bruce entre 1902 e 1904. Foi neste mar que o barco de Shackleton, o Endurance foi atrapado e destruído polo xeo.
Crese que a separación do ex-continente Gondwana comezou no Mar de Weddell.