Maracanazo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coñécese como Maracanazo á victoria da selección de fútbol de Uruguai sobre a do Brasil no encontro decisivo do mundial de 1950 onde se xogaban o título. Brasil xogaba na casa, no estadio de Maracaná, e tan só precisaba do empate para alzarse co seu primeiro título mundial.
Tan seguros estaban da súa victoria que os brasileiros prácticamente comezaron a celebralo antes de xogarse o encontro. Uruguai gañou por 2-1 en fíxose co título. En Brasil esta derrota foi unha traxedia nacional, chegando a suicidarse algunha xente por mor deste resultado.