Margarita Salas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bioloxía Margarita Salas Falgueras (1938- )
Naeu en Canero (Valdés-Luarca /Asturias) o 30 de novembro de 1938. Na actualidade (2004) investiga no Centro de Bioloxía Molecular "Severo Ochoa" da Universidad Autónoma de Madrid.
Foi discípula de Severo Ochoa, co que traballou nos Estados Unidos despois de facelo con Alberto Sols en Madrid. Casou co tamén científico Eladio Viñuela, encargándose ambos de impulsar a investigación española no campo da bioquímica e a bioloxía molecular. Na actualidade continúa a traballar no fago f29.
Licenciada en Ciencias Químicas por la Universidad Complutense de Madrid, publicou máis de 200 traballos científicos. Pertence ás máis prestixiosas Sociedades e Institutos científicos nacionais e internacionais, colabora e é membro do Consello Editorial das máis importantes publicacións científicas e ten acadado diferentes galardóns; a título de exemplo, foi nomeada 'investigadora europea 1999' pola UNESCO e recibiu o Jaime I de investigación no 1994. Foi nomeada directora do Instituto de España, organismo que agrupa á totalidade das Academias Científicas Españolas.