Marguerite Duras
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Marguerite Donnadieu (nada en 4 de abril de 1914 e falecida o 3 de marzo de 1996), máis coñecida como Marguerite Duras, foi unha escritora e directora de cinema.
Ela naceu en Gia Dinh, antiga Indochina Francesa (actualmente Vietnam) e foi para Francia, terra de seus pais, para estudar Dereito, pero acabou converténdose nunha escritora, e en 1943 mudou o seu nome para Marguerite Duras. Duras é o nome dunha vila na rexión de Lot-et-Garonne, departamento onde se situaba a casa de seu pai.
Autora de moitas novelas, pezas de teatro, filmes e narracións curtas, incluíndo a súa obra de éxito, autobiográfica, L'Amant de 1984. Despois de facer un filme co mesmo nome, publicou un traballo un pouco diferente, chamado L'Amant de la Chine du Nord. Outros traballos importantes son Moderato Cantabile (tamén transformado en filme) e o seu filme India Song. Ela tamén foi autora do guión do filme francés Hiroshima mon amour de 1959, que foi dirixido por Alain Resnais. O traballo de Duras estivo asociado co movemento literario Nouveau roman (nova narrativa) e co existencialismo. Os seus filmes son experimentais na forma.
Ela morreu aos 81 anos de idade de cancro e foi enterrada no Cemiterio de Montparnasse.