Maria Montessori
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Maria Montessori (31 de agosto de 1870 - 6 de maio de 1952) foi unha educadora, científica, médico, filósofa, feminista, e humanista.
Naceu en Chiaravalle, Italia. Montessori foi a primeira muller médico italiana na era moderna, e desde o seu posto dedicouse a tratar de educar aos considerados ineducables na Roma do seu tempo e abriu a súa primeira escola, en Roma, o 6 de xaneiro de 1907.
O Método Montessori de educación que se derivou da súa experiencia, aplicouse con éxito os nenos e é moi popular en moitas partes do mundo. Sen importar as críticas ao seu método nos inicios das décadas de 1930s-1940s o seu método educativo seguiuse aplicando e actualmente vive unha revitalización.
En 1907 Montessori estableceu a primeira Casa dei Bambini en Roma. Xa por 1913, houbo un intenso interese no seu método en Norteamérica, o cal, mais tarde decreceu. (Nancy McCormick Rambusch reviviu o método en América, establecendo a Sociedade Americana Montessori (American Montessori Society en 1960). Montessori estivo exiliada desde 1936 nos Países Baixos e trasladouse á India por invitación da Sociedade Teosófica, durante a Segunda Guerra Mundial viviu en Madrás e Karachi e abriu a súa propia escola Kodaikanal. Tras a guerra regresou ós Países Baixos, país no que actualmente está a sede da AMI ou Association Montessori Internationale. Morreu en Noordwijk aan Zee. O seu fillo Mario encabezou a A.M.I. ata a súa morte en 1982.