Marino Dónega
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Marino Dónega Rozas (Huelva 1916 - A Coruña 2001), político galego.
Criado en Lugo, Licenciouse en dereito, foi presidente das Mocidade Galeguista (1936), para escapar á represión logo da sublevación franquista incorporouse ao exército. Un dos fundadores da Editorial Galaxia en 1950 foi o seu presidente entre 1980 e 1996. Tamén foi conselleiro da Xunta preautonómica (1978). Membro da Real Academia Galega foi o seu secretario durante case vinte anos. Foi autor de A memoria e os amigos, Luis Seoane: vida e obra literaria e De min para vós. Unha lembranza epistolar.