Mary Somerville
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Matemática e científica nada o 26 de decembro de 1780 en Escocia e morta o 28 de novembro de 1872 en Nápoles (Italia).
Foi unha das mulleres do seu tempo que con mais pasión se dedicou ao estudo das matemáticas e ao coñecemento dos avances científicos. Popularizou a Astronomía e escribiu multitude de ensaios. O seu estilo, riguroso, sinxelo e didáctico proporcionoulle grande éxito. A Royal Academy inglesa deulle un premio como socia de honra, xa que as mulleres non podían ser socias oficiais e na súa honra o Somerville College de Oxford mantén vivo o seu legado...
É coñecida como "A Raiña das ciencias do século XIX".
Na fin da súa vida escribiu: "Teño 92 anos..., a miña memoria para os acontecimientos ordinarios é débil pero non para as matemáticas ou as experiencias científicas. Todavía son capaz de ler libros de álxebra superior durante catro ou cinco horas pola mañá, e incluso de resolver problemas".
[editar] Obra
- The Magnetic Properties of the Violet Rays of the Solar Spectrum.
- Ensaios sobre a Refración dos raios solares
- Ación dos raios solares sobre xugos vexetais. (On the action of the Rays of the Spectrum on Vegetable juices).
- Transmisión dos raios solares en diferentes medios (Experiments on the Transmission of the Chemical rays of the solar spectrum across different media).
- 1834 - The Connection of the Physichal Sciences.
- 1848 - Physical Geography.
- 1869 - On Molecular and Mycroscopic Science.
- On the theory of diferences.
- Traductora de "A Mecánica Celeste" de Laplace.
[editar] Bibliografía
- Somerville, Martha. Personal Recollections, From Early Life to Old Age, of Mary Somerville. Boston: Roberts Brothers, 1874. (escrito pola súa filla) Reprinted by AMS Press (January 1996), ISBN 0-404-56837-8.
- Neeley, Kathryn A. Mary Somerville: Science, Illumination, and the Female Mind, Cambridge & New York: Cambridge University Press, 2001.