Maserati
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Maserati, construtor italiano de automóbiles deportivos de luxo.
A marca italiana de automóbiles deportivos Maserati foi fundada en Bolonia por Alfieri Maserati en 1914 e acaba de celebra-lo seu 90 aniversario. O emblema de Maserati é o tridente, inspirado na estatua de Neptuno que adorna a Praza Maior de Bolonia. A marca foi adquirida en 1937 polo empresario Adolfo Orsi, baixo a súa dirección Maserati fabricou os primeiros automóbiles nos que o luxo recibiu a mesma atención que a "performance". En 1968 Maserati foi adquirida por Citroën, que a súa vez a vendeu en 1975 a un consorcio administrado por Alessandro de Tomaso. De Tomaso, coa axuda do deseñador Ghia, creou algúns dos automóbiles máis interesantes de tódolos tempos: Ghibli, Khasmin, Bora e Kyalami, entre outros. Estes nomes foron tomados de famosos ventos de África e Asia. En 1993 Maserati pasou ao Grupo Fiat que, en 1999, a convirteu en propiedade exclusiva de Ferrari.
O Grupo Ferrari-Maserati no ano 2004 vendeu 9,565 automóbiles, dos cales 4,590 foron Maserati. As vendas de Maserati representaron un notable incremento do 62% con relación ao ano 2003. Gran parte deste crecemento debeuse a demanda do Quattroporte, o seu primeiro modelo de 4 portas. Maserati fabrica tres modelos: Cupé / Spyder V8, Quattroporte e o exótico MC12.
No 2005 a marca volveu á propiedade directa de Fiat que a arupou con Alfa Romeo, coa que compartirá plataformas, compoñentes e canles de distribución, nunha movida que devolve o status de súper exclusividade a Ferrari. Tamén se di que pode poñer esta lendaria marca á venda.