Maturín
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Maturín é uhna cidade que é a capital do Estado Monagas, Venezuela.
Índice |
[editar] Xeografía
Maturín érguese sobre unha meseta situada no centro do estado Monagas e na ribeira sur do Río Guarapiche. O clima de Maturín é tropical e húmido. Maturín conta con 450.000 habitantes.
[editar] Historia
A cidade foi fundada por o misionero español Lucas de Zaragoza o 7 de decembro de 1760. Maturín foi destruída na guerra da independencia da Venezuela polo xeneral español Tomás José Morales en 1814. Maturín foi refundada polos seus mesmos habitantes dous anos despois. No século XX produciuse un crescimento demográfico en Maturín como consecuencia da produción de petróleo nuns lugares próximos á Maturín.
[editar] Economía
Maturín ten muitos comercios, bancos e poucas industrias manufactureiras. Pastor C.A. é unha industria de derivados lácteos. A cidade ten o Aeroporto Internacional José Tadeo Monagas.
[editar] Centros de ensino
O Liceo Miguel José Sanz é o liceo máis antigo de Maturín. Foi construído a partir de 1951. Outros centros de ensino destacables son o Liceo Francisco Isnardi (fundado no ano 1959) e a Escola República del Uruguay. Maturín ten estas universidades e institucións universitarias públicas:
- Universidade de Oriente, Núcleo Monagas (UDO-Monagas).
- Universidade Bolivariana da Venezuela (UBV).
- Universidade Pedagógica Experimenta Libertador-Instituto Pedagógico de Maturín (UPEL-IPM).
- Universidade Nacional Abierta (UNA).
- Universidade Nacional Experimental Simón Rodríguez (UNESR).
As universidades e as institucións universitarias privadas son:
- Universidade Gran Mariscal de Ayacucho (UGMA).
- Universidade Cecilio Acosta (UNICA).
- Universidade de Margarita (UNIMAR).
- Universidade Santa María (USM).
- Instituto Politécnico Santiago Mariño (IUPSM).
- Instituto Universitario de Tecnología Industrial Rodolfo Loreto Arismendi (IUTIRLA).
- Instituto Universitario de Tecnología Venezuela (IUTV).
[editar] Lugares de interese:
A Praza Bolívar é a praza máis antiga de Maturín. Situada fronte á praza está o Palacio do Goberno (terminado en 1949).
A Igrexa de San Simón é a máis antiga de Maturín. Foi construída entre o 1884 e o 1887. Está situada fronte á Praza Bolívar.
Nuestra Señora del Carmen (situada na Avenida Bolívar) é unha catedral románica.
Amana de Tamarindo é unha aldea (próxima á Maturín) onde naceu o xeneral José Tadeo Monagas, heroe da independencia e presidente da Venezuela.
[editar] Parques
La Guaricha (situado na Avenida Raúl Leoni) é o parque zoológico de Maturín. Outros parques son: o Parque Menca de Leoni (situado na Avenida Juncal), o Parque Andrés Eloy Blanco, o Parque Padilla Ron (situado no bairro Las Cocuizas), o Parque Rómulo Betancourt (situado na Avenida Universidade), o Parque dos Guaritos (situado no bairro Los Guaritos).
[editar] Museos, teatros
O Complexo Cultural de Maturín ten a Escola de Arte Eloy Palacios. Está previsto a próxima construción do Museo de Arte Contemporánea Mateo Manaure e un teatro.
A Casa da Cultura é un teatro situado na Avenida Bolívar.
O Museu Etnográfico de Maturín é un museo sobre as tradicións e artes dos povos indíxenas do Estado Monagas.
Outros lugares de interese son a Galería de Arte (situada na Avenida Bolívar) e o Museu da Rádio (situado na rúa Monagas).
[editar] Deporte
O Complexo Deportivo de Maturín é un lugar que ten muitas instalacións para os deportes. Está situado na Avenida Raúl Leoni.
Monagas Sport Club, creado en 1988, é o club de fútbol de Maturín. Gatos de Monagas é o equipo de baloncesto da cidade.
[editar] Alcaldes de Maturín
- Ing. María Elena de Cañizales (1990-1992) partido: Acción Democrática.
- Dr. José Enrique López Tablero (1993-1995) partidos: COPEI, MAS.
- Zoot. Domingo Urbina Simoza (1996-2000), (2000-2004) partido: Acción Democrática.
- Prof. Numa Rojas (2004-) partido: Movimiento Quinta República.
[editar] Ligazóns externas
- Gobernación do Estado Monagas (en español)