Mazaricos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mazaricos | |
---|---|
Image:Escudo Mazaricos.jpg | |
Situación | |
Xentilicio 1: | Mazaricán |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia da Coruña |
Comarca: | Xallas |
Área: | 188,30 km² |
Entidades de poboación: | - |
Capital do concello: | |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | - m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | 5.639 hab. |
Densidade: | 29,95 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG '(votos - %) BNG ' (votos - %) PSdeG-PSOE '(votos - %) Outros: -' (- %) |
Alcalde: | [[]] () |
Eleccións municipais en: 'Mazaricos' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | - % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | |
Fax: | |
Código Postal: | |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Mazaricos é un concello da Provincia da Coruña na Comarca do Xallas.
Poboación en 2004: 5.639 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes (5.787 en 2003).
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Mazaricán
Índice |
[editar] Situación
Mazaricos áchase perto do mar, mais non chega a el - antes están os estreitos concellos de Carnota e Muros. O río Xallas, que lle chega desde Santa Comba, constitúe a fronteira norte do concello, separándoo de Dumbría. A chaira con suaves ondulacións que é o seu territorio, féchase no oeste por pequenas serras (Montes de Ruña ou Serra de Guián) que se prolongan cara o sul cara o Macizo do Pindo). Cara o Xallas flúen varios ríos, como o Arcos, o Beba e o Mazaricos, estes dous no mesmo val. Os da parte leste e sul, como o Santabaia, que son máis pequenos, desembocan directamente na ría de Muros e Noia. O Xallas está represado no encoro da Fervenza, o de Ponte Olveira, o de Castrelo e o de Santa Uxía, antes de desembocar no mar os sábados á noite e os domingos á mañá.
A oscilación térmica anual é de 10°C, se ben a temperatura media é agradábel (14°C). As precipitacións son abundatnes (1.500-2.000 mm.)
O hábitat é disperso. As principais poboacións son A Picota, Pino de Val[1] e Asenso.
[editar] Historia
Na zona abundan os restos megalíticos. A primeira referencia escrita é do século IX, con motivo dunhas doazóns feitas polo conde Alvito. Nalgún lugar próximo ao monte Pindo erguíase o castelo de Penafiel, propiedade de Alonso Suárez de Deza, que foi confiscado e derrubado debido á súa posíbel implicación na morte do arcebispo Suero Gómez de Toledo.
[editar] Economía
Case a metade da poboación se dedica á agricultura e á gandería en pequenas parcelas dedicadas ao auto-consumo. A gandería ten especial relevancia. Existen grandes zonas boscosas, ainda que moi reducidas debido aos incendios de 1978, 1979 e 2006, de piñeiros, frondosas e eucaliptos.
Evolución da poboación de: Mazaricos - desde 1900 ata 2004 - | ||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 |
6.036 | 6.769 | 7.183 | 6.757 | 5.639 |
Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
[editar] Cultura
Os megalitos máis destacados son as mámoas de Eirón, o dolmen de Parxubeira e a necrópole de Monte de Embaixo. Polo concello pasou unha vía romana, da que hai restos en Arcos. A Casa de Arcos, pertencente aos Mariño de Lobeira, mostra o seu escudo na fachada (unha serea e ondas), xunto cos símbolos dos Lobeira (un lobo e estrelas) e os Dacosta (bordóns e ovellas).
[editar] Lugares de Mazaricos
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mazaricos vexa: Lugares de Mazaricos.
[editar] Parroquias
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||
[editar] Notas
- ↑ O topónimo correcto é Pino de Val, non Pino do Val.