Miguel Cerulario
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Miguel I Cerulario (en grego Μιχαήλ Α' Κηρουλάριος, en latín : Michael I Cerularius), nado en Constantinopla máis ou menos en 1000- morto o 21 de xaneiro de 1059), foi patriarca de Constantinopla do 25 de marzo de 1043 ao 2 de novembro de 1058.
É un dos axentes da ruptura entre as Igrexas de Constantinopla e de Roma en 1054 (Gran Cisma de Oriente). Foi excomungado por León IX.
En 1056, rexeitou aliarse con Teodosio, curmán do emperador Constantino IX Monómaco na súa loita polo poder contra Miguel VI. Sábese, con todo, que se opuña á facción que estaba no poder en Constantinopla. Foi enviado ao exilio, pois o emperador sospeitaba que quería ocupar o seu posto. Unha vez morto, fíxose regresar o seu corpo a Constantinopla para o enterrar con grande pompa. Miguel Psellos, un dos seus máis vivos opositores, escribe unha oración fúnebre e un panexírico. Cerulario era extraordinariamente popular e o poder vixente quería aproveitarse do fervor do pobo con vistas aos seus propósitos. A súa sobriña, Eudocia Makrembolitissa, muller do emperador Constantino X, fará del o portaestandarte da independencia da Igrexa ortodoxa con respecto á romana despois do cisma de 1054.
[editar] Ver tamén
[editar] Ligazóns internas
- Igrexa ortodoxa de Constantinopla
- Patriarca de Constantinopla
- Gran Cisma de Oriente
]]