Minas Xerais - Minas Gerais
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Estado de Minas Gerais | |
---|---|
![]() Bandeira do Estado |
|
Capital | Belo Horizonte |
Superficie | 588.384,3 km² |
Poboación | 17.905.134 (2000) |
Densidade demografica | 30,53 hab./km² |
Fuso horario | GMT-3 |
Gobernador | Aécio Neves (dende 2003) |
Mapa | |
![]() Mapa do Brasil co destaque para Minas Gerais |
Minas Xerais (en portugués, Minas Gerais) é o cuarto maior estado do Brasil, con unha extensión semellante á de Francia: 588 384,30 km². Localizase na Sudeste e ten como límites ó norte e noreste a Bahia, a leste o Espírito Santo, ó sureste o Estado de Rio de Janeiro, ó sur e suroeste o estado de Sao Paulo, a oeste o Mato Groso do Sur e a noroeste o estado de Goiás.
[editar] Xeografía
Minas Xerais esta localizado entre os paralelos de 14º13'58" e 22º54'00" de latitude sur, e entre os meridianos de 39º51'32" e 51º02'35" a oeste de Greenwich. É o segundo Estado brasilleiro en poboación total, con 18 millóns de habitantes. É tamén o Estado brasileiro co maior número de municipios, 853, ou sexa, 15,5% do total de municipios do Brasil.
A súa capital e cidade máis poboada é Belo Horizonte, con 2,2 millóns de habitantes (máis de 4 millóns na súa rexión metropolitana, chamada Grande Belo Horizonte ou Grande BH). Outras cidades importantes son: Contagem (sitúada na Grande BH), Uberlândia e Juiz de Fora, todas estas con máis de 450 mil habitantes (2004).
[editar] Economía
O Estado é un importante productor de café, soxa, leite, carne e outros productos agropecuarios, e tamén de productos de minería: ferro, aluminio, calcario e outros. Actualmente tamén a industria é moi importante: transformación mineral, siderurxía (acero), electrónica, automóbiles (Fiat, Iveco e Mercedes Benz posúen fábricas no estado), ademáis de téxteis, alimentos e bebidas.
Outra actividade importante é o turismo. O Estado, dentre outros, ten como atractivos:
- cidades históricas do periodo colonial, como Ouro Preto, Mariana, Sabará, Congonhas, Tiradentes e Diamantina, con súas igrexas, predios públicos e casas ben conservadas
- estáncias de augas minerais, como Araxá, Poços de Caldas, Lambari, Caxambú e outras
- paisaxes naturais preservadas, en seus Parques Nacionais e reservas: Parque Nacional do Caparaó, Parque Nacional da Serra do Cipó, e outros.
[editar] Páxina oficial
- Goberno do Estado de Minas Xerais, en portugués