Miskolc
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Miskolc (eslovaco: Miškovec, polaco: Miszkolc) é a cidade máis importante do nordeste de Hungría, capital rexional do nordeste do país e capital do condado de Borsod-Abaúj-Zemplén. É unha cidade autónoma. É a terceira cidade maior de Hungría con 178.950 habitantes.
Tamén é sé dunha importante universidade pública, a Universidade de Miskolc.
Índice |
[editar] Demografía
Ten 178.950 habitantes (2004), o 95.7% etnicamente húngaros, 2.2% xitanos, 0.3% eslovacos, 0.3% alemáns, 0.1% gregos e 4.1% outros.
[editar] Historia
Aínda que a rexión estivo habitanda cando menos dende o Neolítico, a primeira mención a Miskolc data do 1210. Durante a Idade Media Miskolc era un centro comercial importante. Foi declarada cidade en 1365, e foi declarada cidade libre en 1909.
Actual Miskolc é o resultado da unificación das cidades Miskolc, Diósgyőr e aldeas pequenos despois da Segunda Guerra Mundial.
[editar] Lugares de interese
Os seus atractivos turísticos máis sonados son:
- O castelo de Diósgyőr en estilo gótico
- A Igrexa de Avas, a igrexa máis antiga de Miskolc, do século XIV, en estilo gótico
- O Balneario de Miskolctapolca,
[editar] Ligazóns externas
- [1] (En húngaro)
Condados de Hungría | ![]() |
|
---|---|---|
Condados: | Bács-Kiskun | Baranya | Békés | Borsod-Abaúj-Zemplén | Csongrád | Fejér | Győr-Moson-Sopron | Hajdú-Bihar | Heves | Jász-Nagykun-Szolnok | Komárom-Esztergom | Nógrád | Pest | Somogy | Szabolcs-Szatmár-Bereg | Tolna | Vas | Veszprém | Zala | |
Condados urbanos: | Békéscsaba | Debrecen | Dunaújváros | Eger | Érd | Győr | Hódmezővásárhely | Kaposvár | Kecskemét | Miskolc | Nagykanizsa | Nyíregyháza | Pécs | Salgótarján | Sopron | Szeged | Szekszárd | Székesfehérvár | Szolnok | Szombathely | Tatabánya | Veszprém | Zalaegerszeg | |
Capital: | Budapest | |
Vexa: Xeografía de Hungría |