Moby Dick
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Moby Dick é unha obra mestra de Herman Melville publicada en 1851. O seu título orixinal é Moby Dick or the White Whale (Moby Dick ou a balea branca).
A novela é unha historia épica que narra a loita entre Moby Dick, a balea branca, e o capitán Achab, que a persegue a través dos mares. É unha narración poética e mística, que simboliza a loita do home contra as potencias do mal, encarnadas na balea. Achab, ao contrario, é o home que pretende dominar a desorde do mundo, dar un sentido a súa vida, vencer ao mal. Pero non triunfa e morre víctima da balea. Con gran pesimismo, o autor expresa a súa visión desilusionada do universo, con unha forma influida pola Biblia, Shakespeare e os escritores ingleses do século XVII (sobre todo Thomas Brown). Ista novela, que non tivo xito en vida do autor, foi, despois da Segunda Guerra Mundial, unha das obras máis leidas da literatura norteamericana e hoxe podería considerarse o máis parecido á grande novela americana.
En 1956 John Houston realizou unha película baseado nista novela.