Mol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O mol é unha unidade de medida de cantidade de substancia. É unha unidade básica do Sistema Internacional de Unidades (SI). O seu símbolo é: mol.
Defínese como a cantidade de substancia dun sistema que conteña tantas entidades elementais como os átomos de 0,012 quilogramos de carbono-12. Este número é coñecido como número de Avogrado, e é determinado empiricamente.
Un Mol de calquera substancia posúe 6,023 x 1023 moléculas. Por exemplo, un mol de moléculas de calquera gas posúe 6,023 x 1023 moléculas deste gas. A masa por mol dunha substancia pura denomínase masa molar.
A xeito de exemplo, un mol de persoas equivalen a 6,023 x 1023 persoas.