Mongolia - Монгол Улс
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
||||
Lema: Xxxxx | ||||
![]() |
||||
Lingua oficial | Khalkha Mongólico | |||
Capital | Ulán Bátor | |||
Coordenadas da capital | 47A° 55' M, 106A° 53' E | |||
Presidente | Nambaryn Enkhbayar, desde 24 de xuño de 2005. | |||
Primeiro-ministro | Tsakhiagiyn Elbegdorj, desde o 20 de agosto do 2004. | |||
Área - Total - % auga |
18º 1,565,000 km² 0.6% |
|||
Poboación - Total (2003) - Densidade |
134º 2,712,315 1.73/km² |
|||
Independencia - Data |
da China 11 de xullo do 1921 |
|||
Moeda | togrog/tugrik (MNT) | |||
Fuso horario | UTC +7, +8 | |||
Hino nacional | Bügd Nairamdakh Mongol | |||
TLD (Internet) | .mn | |||
Código telefónico | 976 |
A Republica de Mongolia é un país de Asia, encravado entre Rusia e mais China. A súa capital é Ulán Bátor (Ulaanbaatar), a lingua oficial é o khalkha e a moeda o tugrik. Fai parte da rexion de Mongolia.
Índice |
[editar] Historia
No século XIII, Xenxis Khan unifica as tribos mongolas e cria un imperio, obra perseguida polos seus sucesores Ögödei, Güyük, Mönkh e Khubilai. Este imperio comeza a recuar no 1386, coa perda da China. No século XV, baixo o reino de Altan Khan, os Mongois convertense ao budismo tibetano. Un século máis tarde, caen baixo a dominación das Manchús, que conquistan tamén China. O seu país foi transformado en dúas provincias chinas, a Mongolia interior e a Mongolia exterior. A independencia de Mongolia exterior foi declarada no 1921 á calor dunha revolución por Sukhbaatar; mais tivo goberno independente ata 1924, cando se declarou a Republica popular mongola co sostén da URSS.
Perante a Segunda Guerra mundial, os aliados sovieticos defenden Mongolia fronte ao Xapón. O 20 de outubro 1945, por referendum, os Mongois votan pola independencia de China (97,8 % de si; 98,4 % de participación) [1].
A Republica popular mongola foi recoñecida á vez pola República de China e maila República Popular China. O país achégase sen embargo aos sovieticos no 1958 e tén númerosas bases soviéticas durante a Guerra fría. Mongolia entra na ONU no 1961.
En 1990, o partido comunista relaxa o seu control sobre o goberno. No 1992, a Republica Popular é reemplazada por un estado mixto, entre sistema parlamentario e sistema presidencial.
[editar] Xeografia
A máis grande parte do país está constituida por estepas. Sen embargo, o Deserto do Gobi recobre unha parte do sur do país, mentras que ao norte e ao oeste, atopanse as rexions montañosas de boscos frondosos.
O clima está calor en verán e extremadamente frío no inverno, con temperaturas baixando ata os -30°C.
[editar] Política
O partido dominante en Mongolia é o Partido revolucionario do pobo mongol formado polos antigos comunistas mongois despois da Guerra fría. O principal partido de oposición é o Partido democrático que controlou unha coalición no poder entre o 1996 e 2000. Esta coalición non acadando nin mainter a súa cohesión, nin en arranxar os problemas económicos do país, foi moi fortemente sancionada polos electores no 2000, que deron a victoria ao PRPM cunha esmagante maioría. Durante as eleccións lexislativas do 2004, o PRPM e o Partido democrático obteron un número igual de cadeiras. A fin de que o desenvolimento da Mongolia non sexa trabado por crises politicas, decidiron elaborar un programa común e formar un goberno de union nacional.
Este estado ten un executivo bicéfalo, á cabeza do Estado hai un Presidente elexido e á cabeza do goberno un Primeiro ministro. O Parlamento chámase o Gran Hural, unha cámara composta de 76 asentos.
Nas elecións de 22 maio de 2005, o antigo Primeiro ministro Nambaryn Enkhbayar, candidato do PRPM, foi elexido presidente de Republica co 53,4 % dos sufraxos. O seu principal adversario, Mandsaikhanin Enkhsaikhan, candidato do Partido demócrata, obtivo o 20 %. Enkhbayar escomezou o seu mandato á fin do mes de xuño do 2005 e reempraza ao presidente Natsajiyn Bagabandi, tamén do PRPM, que non se presentará de novo.
[editar] Demografia
[editar] Economia
A economia mongola está esencialmente centrada no petroleo, o carbón e o cobre. Atopase tamen un débil tecido de pequenas industrias do molibdeno, do tungsteno, e minas de fosfato. Despois de anos de economia de estato, o país ten encamiñado unha difícil transición cara a o economia de mercado. A maior parte das entrepresas situanse na cidade : en dehores, a maior parte dos Mongois son nómadas.
Mongolia entrou na Organización Mundial do Comerzo no 1997. Exporta cachemir e da alimentos a Rusia, a China, o Xapón e outros países.
[editar] Cultura
canto difónico: este tipo de canto, unico, requer do cantor que xenere 2 notas á vez, unha máis alta ca outra.
[editar] Mapas e imaxes
- Commons ten imaxes sobre Mongolia
Diagrama climático de Ulán Bátor |
Países do mundo | Asia |
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania |
Países con parte do seu territorio en Asia |
Categorías: Países | Asia | Mongolia