Narciso Tomé
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Narciso Tomé (1690 - 1742) foi un arquitecto e escultor español, nado en Toro. Xunto a seu irmán Diego esculpíu en 1715 a fachada da Universidade de Valladolid. En 1721 foi nomeado mestre maior da catedral de Toledo, substituíndo a Teodoro Ardemans. Para a Sé toledana construíu, axudado polos seus fillos, o célebre Transparente (1721-1732), un dos mellores exemplos do barroco / rococó español.