Naruddin Farah
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Naruddin Farah (Baidoa, 1945) é un escritor somalí.
Estudou en Kallafo (Ogadén), logo da independencia de Somalia en 1963 tivo que deixar a rexión de Ogadén polos conflitos fronteirizos e estudou literatura na Universidade Panjab en Chandigarh (India). De volta a Mogadisco dedicouse ao ensino. En 1970 publicou From a Crooked Rib, que lle deu éxito internacional e en 1974 durante unha xira europea pola publicación de A Naked Needle soubo que o réxime somalí ía detelo á súa volta polo que autoexiliou, residindo nos Estados Unidos, Alemaña, Italia, Nixeria, Sudán, Gambia e a India. Dende 1996 reside de novo en Mogadisco.
Aínda que é un autor fundamentalmente en inglés, en 1974 publicou en forma de folletón a novela en somalí, Tollow Wa Talle Ma, que non rematou ao se autoexiliar.