National Security Agency
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A NSA (National Security Agency) pódese traducir coma Axencia de Seguridade Nacional, foi fundada oficialmente o 4 de novembro de 1952. É unha axencia estadounidense responsable de obter e analizar información transmitida por calquer medio de comunicación, e de garantizar a seguridade das comunicacións do goberno estadounidense con outras axencias similares doutros países. Pertence ó Departamento de Defensa. As súas actividades de espionaxe incluen a radiodifusión, tanto de organizacións como de individuos, Internet, e outras formas de comunicación, sobre todo confidenciais. A interceptación de comunicacións seguras inclue a militares, diplomáticos, e outras comunicacións sensibles, confidenciais ou secretas do goberno. A pesar de ser considerada como a organización que máis doctores matemáticos emplea, como propietaria do maiorr número de superordenadores, e tendo un presuposto moito maior co da CIA, toubo un perfil notablemente baixo ata os últimos anos. Durante moito tempo a existencia desta axencia non foi admitida polo goberno dos EEUU. Chegouselle a coñecer coma No Such Agency (non hai tal axencia).
Por mor da súa labor de espionaxe mediante escoitas, a NSA está fortemente implicada na investigación da criptoanalítica, seguindo o traballo das axencias precursoras que habían sido responsables de romper moitos códigos e claves durante a Segunda Guerra Mundial (mirar, por exemplo, Código Púrpura, Venona, e JN-25).
A oficina central da Axencia de Seguridade Nacional está en Fort Meade, Maryland, aproximadamente a 16 km ó norodeste de Washington. A NSA ten a súa propia saída a carretera Baltimore-Washington, sinalizada como "Só para empleados da NSA". A escala das operacións da NSA é difícil de determinar a partir dos datos desclasificados, pero unha pista é o uso de electricidad da oficina central. O presuposto da NSA para electricidade excede os 21 millóns de US$ por ano, facéndoo o segundo maior consumidor de electricidade do estado de Maryland. As fotos da sede central amosan que hai aproximadamente 18.000 plazas de aparcamento no lugar, aínda que se cree que o número de empleados na NSA pode doblar este número; os empleados están esparcidos po todo o mundo.
O seu programa de comunicacións seguras para o goberno dos EE.UU, implicou a NSA na producción de hardware e software de comunicacións e de semiconductores (hai una planta de fabricación de chips en Fort Meade), na investigación da criptografia, e en contratos ca industria privada para suministrarlle artículos, equipo e a investigación que non está preparada para desenrolar.
Índice |
[editar] ECHELON
Echelon, como tal, é un programa informático. A Rede Echelon en cambio sería un entramado de antenas, estacións de escoita, radares e satélites, apoiados por submarinos e avións espía, unidos todos esos elementos a través de bases terrestres. O seu obxetivo é espiar as comunicacións mundiais, teóricamente, para loitar contra o terrorismo internacional e o tráfico de drogas. Entre as comunicacións espiadas atópanse os correos electrónicos, faxes, comunicacións por cable, por satélite, radio, conversacións telefónicas,...
Na constitución estadounidense establécese que a NSA non podes espiar dentro dos EE.UU, pero como a rede ECHELON participan outros países, a NSA pode pedirlle a información a outros servizos de intelixencia que formen parte de UKUSA, como Gran Bretaña, e sería totalmente legal. Hoxe en día a rede ECHELON é un dos proxectos principais aos que se adica a NSA.
[editar] Directores da NSA
- 1952–1956 Tenente Xeneral Ralph J. Canine, USA
- 1956–1960 Tenente Xeneral John A. Samford, USAF
- 1960–1962 Vicealmirante Laurence H. Frost, USN
- 1962–1965 Tenente Xeneral Gordon A. Blake, USAF
- 1965–1969 Tenente Xeneral Marshall S. Carter, USA
- 1969–1972 Vicealmirante Noel A. M. Gaylor, USN
- 1972–1973 Tenente Xeneral Samuel C. Phillips, USAF
- 1973–1977 Tenente Xeneral Lew Allen, Jr., USAF
- 1977–1981 Vicealmirante Bobby Ray Inman, USN
- 1981–1985 Tenente Xeneral Lincoln D. Faurer, USAF
- 1985–1988 Tenente Xeneral William E. Odom, USA
- 1988–1992 Vicealmirante William O. Studeman, USN
- 1992–1996 Vicealmirante John M. McConnell, USN
- 1996–1999 Tenente Xeneral Kenneth A. Minihan, USAF
- 1999–2005 Tenente Xeneral Michael V. Hayden, USAF
- 2005–Hoxe en día Tenente Xeneral Keith B. Alexander, USA
USA, USAF, e USN son os acrónimos de United States Army, United States Air Force, e United States Navy, respectivamente.
[editar] Sistemas de encriptación da NSA
A NSA é responsable dos seguintes sistemas de encriptación:
- EKMS Electronic Key Management System (Sistema electrónico de administración de claves)
- FNBDT Future Narrow Band Digital Terminal (Futuro terminal dixital de banda estreita)
- Fortezza encryption based on portable crypto token in PC Card format
- KL-7 ADONIS off-line rotor encryption machine (post-WW II to 1980s)
- KW-26 ROMULUS electronic in-line teletype encryptor (1960s–1980s)
- KW-37 JASON fleet broadcast encryptor (1960s–1990s)
- KY-57 VINSON tactical radio voice encryptor (Encriptor táctico de voz por radio)
- SINCGARS tactical radio with cryptographically controlled frequency hopping
- STE Secure Telephone Equipment (Equipamento de seguridade telefónica)
- STU-III antiga unidade de seguridade telefónica
[editar] Super Ordenadores
Super Ordenadores da NSA | |
---|---|
Nome | Potencia (en Xigaflops) |
Cray T3E-1200E LC1900 | 2.280 |
Cray T3E-900 LC1324 | 1.191,6 |
Cray SVI-18/576 (-4Q02) | 1.152 |
SGI 2800/250-2304 | 1.152 |
HP SuperDome/552-512 | 1.130,5 |
Cray T3E-1350 LC800 | 1.080 |
SGI 3800/400-1064 | 851,2 |
Cray T3E-1200E LC540 | 648 |
Cray T3E-1200E LC540 | 648 |
Cray T3E-1200E LC540 | 648 |
Cray T3E-1200 LC404 | 484,8 |
Cray T3E-1200 LC284 | 340,8 |
Cray X1-6/192 (+1Q03) | 1.966,08 |
Total | 13.572,98 |
Dado a alta confidencialidade da NSA é difícil controlar a veracidade desta información.
[editar] A NSA e o Software Libre
A NSA, no marco da seguridade informática dos ordenadores do goberno dos EE.UU contribuíu co software libre creando varios modificacións de seguridade para Linux (Security-Enhanced Linux).
[editar] Ver tamén
ECHELON
Skipjack
[editar] Enlaces
- NSA/CSS- En inglés
- NSA Security-Enhanced Linux-En inglés
- Sede da NSA vista aérea - Vista aérea desde Google Local