Nativos taiwaneses
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A poboación orixinal de Taiwán, coñecida como Gaoshan, comprende varios grupos étnicos cada un coa súa propia lingua. As súas linguas forman o grupo das linguas formosinas dentro das linguas austronesias. No 2004 eran 440.000, o 2% da poboación de Taiwán. A República da China recoñece oficialmente 12 grupos aborixes, que son tan só unha parte dos aborixes que vivían na illa no século XVII antes da emigración dos Han. A República Popular da China recoñece ós Gaoshan como unha das súas 56 minorías nacionais.
[editar] Lista de pobos
Recoñecidos pola República de China:
- Amis (Ami, Pangcah) (阿美)
- Atayal (Tayal, Tayan) (泰雅)
- Atayal
- Bunun (布農)
- Kavalan (噶瑪蘭)
- Paiwan (排灣)
- Puyuma (卑南)
- Rukai (魯凱)
- Saisiyat (Saisiat) (賽夏)
- Tao (Yami) (雅美/達悟)
- Thao (邵)
- Tsou (Cou) (鄒)
- Norte Tsou
- Sur Tsou
- Truku (Taroko) (太魯閣)
- Sediq (賽德克)
Non recoñecidos:
- Babuza (貓霧捒)
- Basay (巴賽)
- Hoanya (洪雅 or 洪安雅)
- Ketagalan (凱達格蘭)
- Luilang (雷朗)
- Pazeh/Kaxabu (Pazih) (巴宰 or 巴則海)
- Popora (巴布拉)
- Qauqaut (猴猴)
- Siraya (西拉雅)
- Taokas (道卡斯)
- Trobiawan (多囉美 or 多囉美遠)