Necrópole de Giza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Necrópole do Antigo Exipto ubicada en Giza e utilizada principalmente durante o Imperio Antigo. Atópase na Meseta de Giza
A súa superficie xeolóxica é de pedra caliza coñecida como formación MUQQATAM. Presenta unha suave pendente de noroeste a sureste, en tres capas primarias nas que se alternan a pedra dura e blanda. Cando ocorría a crecida anual do Nilo, a auga extenderíase por toda a orilla da meseta.
Está conformada principalmente por un grupo de complexos piramidais da Dinastía IV (2.613 a 2.494 a.c.) os dos faraóns Queóps, Quefrén e Micerinos. Ésta pertence a necrópole de cidade de Menfis.
Gran parte da pedra empregada para a realización destes monumentos provén das canteiras locais coma a da próxima Tura.
Na actualidade, as construcións de Giza xa non se ven como o resultado da ardua tarefa dos escravos, se non mais ben coma proxectos públicos de gran embergadura, motivados pola relixión e levados a cabo ata a súa finalización por e para o beneficio de toda a nación. Para o exipcio medio a pirámide era moito mais ca morada do faraón.
A enorme necróple de Menfis non se salvou da reutilización masiva das súas pedras, durante mais dun século abasteceu a cidade de O Cairo para a construción de barrios. En 1882, W. Flinders Petrie denunciou a desaparición progresiva do monumento que estaba sendo despoxado da süa pedra a un ritmo de trescentos camelos ao día.


[editar] Imperio Antigo
Ainda que non se atopa totalmente excavado o monumento mais antigo ata o de agora atopado na meseta é a Mastaba V que data posiblemente do monarca Djet da Dinastía I.
A necrópole foi moi utilizada durante a Dinastía IV, pero resulta paradóxico o feito de que estos constructores, que destacan pola súa pericia nas artes e virtuosidade técnica fose tan reticente en empregala escritura para difundila súa mensaxe.
[editar] Complexo piramidal de Queóps
A Gran Pirámide ou Pirámide de Queóps (chamada "Queóps e o que pertence ao horizonte"), é o mais famoso monumento que se pode contemplar neste lugar, a única das Sete Marabillas da Antiguedade que permanece en pé. Ésta formaba parte dun complexo, composto polas pirámides secundarias das raiñas (3), o seu Templo Funerario, o Templo do Val e a calzada que unía a pirámide co Templo do Val, e as Barcas Solares soterradas en cinco fosas, completamente desmontadas, entre outros elementos necesarios para que o Faraón poidese facer a súa viaxe nocturna (na actualidade unha delas foi montada e consérvase no Museo das Barcas Solares, situado neste mesmo lugar). En 1991 un equipo dirixido polo arqueólogo Zahi Hawass descubriu os restos da pirámide satélite de Queóps, na esquina suroeste da Gran Pirámide.
[editar] Tumba da Raíña Hetepheres
Outro importante descubrimento ocorreu en 1925 e debeuse a sorte, cando o fotógrafo da expedición de Reisner, Mohamadien Ibrahim, poñendo o seu trípode golpeou o que sería o selado da entrada dun paso subterráneo. Trás dez anos desencombrando o puzo atoparon elementos de ofrendas, un selo con nome do taller funerario de Queóps, e finalmente chegaron a inacabada cámara funeraria onde atoparon varios obxectos de gran beleza (unha cama, dous sillóns, un pabellón portatil ou unha cadeira, todos en madeira dourada exemplos únicos de mobles do Imperio Antigo;unha caixa de pel para bastóns. caixas de madeira, ademais de vinte brazaletes de plata con incustracións de turquesa, lapislázuli e cornalina). Tamén no interior había un sarcófago de alabastro. Nos obxectos aparecían os nomes de Snefru e Hetepheres (co titulo de "Nai do Rei do Alto e do Baixo Exipto")., e algúns co nome de Queóps. Do estilo dos obxectos e nomes aparecidos nela deduciuse que se trataba da tumba da muller de Snefru e nai de Queóps, Hetetpheres (Fosa G7000x). Os obxectos aparecidos consérvanse no Museo Exipcio de O Cairo e no Museo de Belas Artes de Boston.
[editar] Tumba da Raíña Khentkaus
Khentkaus foi unha Raiña nai, parente de Queops pola vía paterna, é filla do príncipe Hordjedef. Do "papiro Westcar", que narra o nacemento divino dos primeiros reis da Dinastía V, deduciuse que foi a nai dos primeiros gobernantes da Dinastía V.
A súa tumba emplázase no campo central de Giza, sen se atopar asociado a ningún complexo real. Chegou a recibir o nome de "Cuarta pirámide de Giza" ata que o arqueólogo Selim Hassan o erxcavar o xacemento de mostrou que non mostraba indicios de presentar forma piramidal. En realidade presenta o aspecto dun sarcofago xigante, a imaxe da mástaba xigante de Shepseskaf, no sur de Saqqara.
Consta de dous niveis, o primeiro deles excavado na pedra caliza característica da rexión. O complexo se lle unía unha capela orientada cara o leste composta por tres cámaras (no pasado decoradas), e rodeábase o conxunto cun recinto. Na marxe surleste atopouse unha fosa naval. Outra singularidade deste monumento é que a avenida non parece estar asociada a ningún templo do val. Completa o conxunto unha serie de vivendas dispostas linealmente para os sacerdotes funerarios da raiña.
[editar] Complexo Piramidal de Quefrén. Esfinxe
A Esfinxe atribuida a o Faraón Quefrén e outro dos vestixios de mais sona. Atópase a veira do Templo do Val que forma parte do seu Complexo Piramidal.
A súa pirámide (chamada na antiguidade "Grande e Quefrén") o estar situada sobre un pequeno promontorio parece mais alta que a Gran Pirámide. Presenta, no seu interior, o deseño típico das pirámides do Imperio Antigo, coa cámara funeraria baixo terra.
[editar] Complexo Piramidal de Micerinos.
O Complexo Piramidal de Micerinos ("Micerinos é divino") é o mais pequeno dos existentes en Giza.
[editar] Cementerios de mastabas
Estes complexos atópanse rodeados por mastabas pertencentes a membros da familia real e da alta nobleza, que nalgúns sectores se ordenan en extensas ringleiras ao redor de métodicas rúas e avénidas e seguindo o eixe do complexo da pirámide do rei. Principalmente pertencen a membros dos escalafóns mais altos da sociedade da Dinastía IV. Eran arquitectos, escribas, médicos, recaudadores de impostos, sacerdotes, oficiais dos templos, músicos... En 1902 as autoridades das antiguedades exipcias expulsaron os buscadores de tesouros e invitaron a varias misións arqueolóxicas para que excavaran o lugar. Estas expedicións foron a do americano George A. Reisner, o aleman Georg Steindorff (mais adiante unido a Junker) e o italiano Schiaparelli.
Nas excavacións atopáronse testemuñas de cementerios anteriores a Dinastía IV, pero sería co plan de Queóps co que comezaría o verdadeiro periodo de utilización continuada. Queóps realizará o mais importante intento de organizar o desenvolvemento da necrópole a través dun plan urbanístico dunha embergadura ata o momento sen precedentes, insertando as mástabas alineadas metódicamente en rúas e avenidas segundo o eixe do complexo real.
Ordenanse en dous grandes cementerios, o Cementerio Oeste e o Cementerio Este. O estudio destes complexos de tumbas deu moítisimos resultados. Durante a maior parte do reinado de Queóps constátase unha redución máxima da mástaba, construíndose cunha simplicidade extrema. Reducíanse a unha mástaba maciza (sen cámaras interiores), sen pinturas decorando, cun sinxelo nicho no extremo sur da parede leste, onde se coloca unha losa de estela rectangular inscrita. Un exemplo que exceptúa a regra e demostra que non foi a falta de talento o que produciu que non se decorasen as mástabas e a Estela de Wpemnefret, cunha maravillosa policromía e relevos, sendo o único elemento decorado da Mástaba G1201. Outro dos elementos atopados nestas mástabas das primeiras tumbas da Dinastía IV son as denominadas cabezas reservadas, atopadas nos pozos funerarios son bastante inusuais no Antigo Exipto que prefire estatuas enteiras. Carecen de inscripcións e non hai dúas iguais e non se atoparon en todo Exipto mais exemplos.
Nunha destas mástabas foi enterrado Hemiunu (Visir, Portador do Selo Real e supervisor de tódolos proxectos de construción do rei), considerado o arquitecto supervisor da construción da Gran Pirámide. A súa tumba é unha das maiores de todas, pero o nome do propietario da maior a G2000 todavía é unha incógnita.
Co tempo o modelo sinxelo de mástaba foise modificando e cara o final do reinado de Queóps o número de pozos, as capelas e a decoración de todo o conxunto foi proliferando.
Durante o reinado de Quéfren magníficos relevos e pinturas decoraran as tumbas da aristocracia, a maior do cementerio este a do Visir Ankhhaf ou a da raiña Meresankh III son os mellores exemplos.
Coa Dinastía V prodúcese unha ruptura co esquema de rúas e avenidas ordenado por Queóps. A partires desta dinastía as paredes decoraránse con textos que recollen as fazañas dos seus propietarios, biografias, as súas relacións co Faraón...
Pese a que a finais da Dinastía IV a necrópole real muda a Saqqara ou outros lugares moitos membros da nobreza continuarán enterrándose nesta necróple. Segundo avanzaba a Dinastía VI a necróple viuse invadida por centos de tumbas e pozos funerarios que afogaban as rúas e avenidas. A ordeada disposición dos cementerios de Queóps foi desborada por moreas de tumbas adicionais.
[editar] Imperio Novo
Durante o Imperio Novo houbo un renacer na actividade en Giza, construíndose un templo en honor de Horemakhet (durante a Dinastía XVIII, por parte de Amenhotep II) nas cercanías da Esfinxe, as restauracións feitas a propia Esfinxe, a reutilización da Pirámide de Micerinos ou a transformación da pirámide meridional das raiñas de Queóps en Templo adicado a Isis, seguíndose a usar como necrópole ata época da dominación persa.
[editar] Principais Monumentos na necrópole de Giza
- A Gran Pirámide de Giza
- A Pirámide de Quefrén
- A Pirámide de Micerinos
- Templo funerario de Quefrén
- Templos funerarios de Queóps e Micerinos
- Pirámide auxiliar de Quéfren.
- O templo do Val de Quefrén
- O templo do Val de Micerinos
- Tumba da raiña Hetepheres I
- A mastaba da raiña Jentkaues
- As pirámides das raiñas de Micerinos
- As mastabas de cortesáns de Quefrén
- A Gran Esfinxe
- O templo da Esfinxe
- A mastaba de Hemon
- As mastabas ocidentais
- O control de entrada actual
- O fosos das barcas solares
- Estradas de acceso actual
- As tumbas hipoxeos
- Almacéns dos artesáns
- Estrada de aceso actual
- Nazlet el-Samman
- Calzadas procesionais
- A canteira de Micerinos
- o cementerio (actual)
- As tumbas hipoxeos do sur
- Muros perimetrais
- Mastabas e tumbas hipoxeos
- O cementerio de mastabas ocidental
- O cementerio de mastabas oriental
[editar] Lecturas recomendadas
- Lehner, Dr. Mark, "The Complete Pyramids," Thames & Hudson (1997). ISBN 0-50-005084-8
- Manley, Bill (Ed.), "The Seventy Great Mysteries of Ancient Egypt". Thames & Hudson. ISBN 0500051232
- "Mysteries of Egypt" National Geographic Society, 1999. ISBN 0792297520
- Petrie, W.M.F., "The pyramids and temples of Gizeh". Londres 1883.
- G. Reisner e W. Stevenson Simth, "A history of the Giza necropolis"; 2 vols., Cambridge, MA, 1942-1955.
- I.E.S. Edwards, "The Pyramids of Egypt"., Harmondsworth, 1993.
[editar] Enlaces externos
- A Necrópolis de Giza en GoogleMaps.
- Modelos 3D das pirámides para usar en Google Earth