Sete marabillas do mundo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As sete marabillas do mundo (ou as sete marabillas do mundo antigo) son as máis belas e maxestosas obras artísticas e arquitectónicas realizadas na Antigüidade.
A orixe da lista é dubidosa, normalmente dada ao poeta e escritor grego Antípatro de Sidon, que escribiu sobre as estruturas nun poema. Outro documento que contén esa lista é o libro De Septem Orbis Miraculis, do enxeñeiro grego Philon de Bizancio. A lista tamén se coñece co nome de Ta hepta Thaemata (as sete cousas dignas de seren vistas).
Os gregos foron probabelmente os primeiros pobos en relacionar as Sete Marabillas do Mundo, isto aconteceu entre os anos 150 e 120 a.C. Extraordinarios monumentos e esculturas que foron erguidos polas mans de seres humanos. Construídos na antigüidade, fascinan pola sua maxestade, riqueza de detalles e magnitude, até os dias de hoxe. Podemos imaxinar o aspecto que outros monumentos e esculturas tiñan, a partir de descricións e reproducións estilizadas en moedas.
De todas as Sete Marabillas do Mundo, a única que resiste até os días actuais case intacta son as Pirámides de Giza, que foron construídas hai mais de 4.000 anos.
Débese salientar que na propia Grecia só unha das Sete Marabillas se encontraba, que era a Estatua de Zeus en Olimpia, construída en ouro e marfil con 40 pés de altura. A idea que se ten é nas moedas de Elis. Supuñase que foi cuñada a figura da Estatua de Zeus.
Índice |
[editar] Lista das marabillas do mundo
- A Gran Pirámide de Giza (actual Exipto).
- Os Xardíns colgantes da Babilonia (actual Iraq).
- A Estatua de Zeus, en Olimpia (Grecia).
- O Templo de Artemisa en Éfeso (actual Turquía).
- O Mausoleo de Halicarnaso (Bodrum, actual Turquía)
- O Coloso de Rodas (Grecia)
- O Faro de Alexandría (Exipto).
Todos estes monumentos, excepto as Pirámides de Giza, non resistiron ao tempo, sendo reducidos a ruínas.
[editar] Marabillas naturais
Tal como con outras listas, non existe consenso sobre sete marabillas naturais. Unha das listas foi compilada pola CNN [1]:
- Gran Canón
- Gran Barreira de Coral
- A baía do Río de Xaneiro
- Monte Everest
- Aurora boreal
- Volcán Paricutín
- Cataratas Vitoria (Victoria Falls)
[editar] Véxase tamén
[editar] Páxinas externas
- New 7 Wonders - Proxecto para a escolla das sete novas marabillas do mundo