Nereu de Oliveira Ramos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Período(s) de goberno: | 11 de novembro de 1955-31 de xaneiro de 1956 |
---|---|
Predecesor: | Carlos Luz |
Sucesor: | Juscelino Kubitschek |
Nado en: | 3 de setembro de 1888 |
Lugar: | Lajes, Santa Catarina |
Faleceu en: | 16 de xuño de 1958 |
Lugar: | São José dos Pinhais, Paraná |
Profesión: | abogado |
Partido Politico | Partido Social Democrático (PSD) |
Nereu de Oliveira Ramos foi un politico brasileiro. Foi vice-presidente da República no goberno de Eurico Gaspar Dutra (1947-1951). Eleito para o Senado en 1954 polo seu estado, Santa Catarina, tornouse lider do Senado no ano seguinte. No fín de 1955, de acordo coa Constitución brasileira de 1946, tornouse presidente do Brasil, despois da enfermidade de João Café Filho (vice-presidente de Getúlio Vargas, que cometera suicidio]] en 1954) e do impedimento de Carlos Coimbra da Luz (presidente da Cámara dos Deputados, e segundo na hierarquía para ocupar a presidencia da República no caso de morte ou impedimento do titular).
Nereu Ramos gobernou o Brasil ata a pose de Juscelino Kubitschek, presidente eleito do Brasil no final de 1955. Tivo que gobernar o país baixo estado de sitio debido á grave crise politica desencadeada polo suicidio de Getúlio Vargas.
Coa pose de Juscelino en 31 de xaneiro de 1956, Nereu Ramos asumiu o Ministerio da Xustiza. No ano seguinte voltou ó Senado. Morreu en 1958 nun desastre de avión.
Predecesor:: Carlos Coimbra da Luz |
Presidente de Brasil entre: 1955-1956 |
Sucesor: Juscelino Kubitschek |