Nova Galiza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nova Galiza foi unha publicación galeguista en galego que se editou en Barcelona durante a Guerra civil española, promovida por Castelao e financiada polo Comisariado de Propaganda da Generalitat de Cataluña, os primeiros números repartíanse gratuítamente, maioritariamente entre soldados galegos do exército republicano.
Tiña o subtítulo de Publicación quincenal dos escritores galegos antifeixistas pero o certo é que a súa periocidade era bimensual e entre os colaboradores estiveron Basilio Álvarez, Eduardo Blanco Amor, Ramón Cabanillas, Arturo Cuadrado, Ramón Rey Baltar, Ramón Suárez Picallo, Luís Seoane ou Manuel Colmeiro. O primeiro número saíu o 5 de abril de 1937 e o último (nº18) en xuño de 1938, os últimos números estiveron dirixidos por Rafael Dieste. Rematada a guerra a maior parte dos colaboradores marcharon cara ó exilio e a revista deixouse de publicar. A revista reNova Galiza que se publica desde 2005 en Barcelona reclámase herdeira da Nova Galiza orixinal.