Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions O Detective Conan - Wikipedia

O Detective Conan

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O Detective Conan
Xénero Misterio, Aventuras, Romance
Formato de imaxe 4:3
Duración 25 minutos por episodio
Creador(es) Gosho Aoyama
Produtor(es) executivo(s) Tokyo Movie Shinsha (TMS)
Intérpretes Animación
País de orixe Xapón
Emisión orixinal Yomiuri TV
Tempo de emisión 1996 – 20??
Número de episodios 500 aproximadamente (numeración galega)

O Detective Conan (名探偵コナン, Meitantei Conan) é unha serie de Gosho Aoyama que aínda non está rematada nin en manga nin en anime e que alcanzou un éxito notable fóra do Xapón.

O anime está producido por TMS Entertainment e ronda xa os 500 episodios. En Galicia podemos disfrutar del na Televisión de Galicia. Ademáis, conta con 10 películas (moi pronto 11) e todavía emítese tódolos luns no Xapón ás 19:30 en Yomiuri TV.

En Xapón, o manga todavía publícase semanalmente todolos mércores no Shonen Sunday, dende 1994, superando xa a cantidade de 600 capítulos. Ata o 5 de Abril de 2007 saíron 57 volúmenes. Planeta DeAgostini encárgase da súa publicación no noso país. Actualmente encóntrase dividido en dúas coleccións, Volume 1 e Volume 2 de 13 tomos e máis de 50 tomos respectivamente. A colección Volume 2 estase a publicar e sufríu xa diversas ampliacións tralo número inicial.

O 2 de Outubro de 2006 foi lanzada a primeira saga de "O Detective Conan" con actores reais, titulada "O Detective Conan Drama".

Índice

[editar] Argumento

"Chámome Shinichi Kudo. Aínda vou ó instituto pero xa teño resoltos unha chea de delitos. O último caso, un homicidio na montaña rusa, resolvino con facilidade, pero os de unha organización ilegal déronme un veleno e agora estou nun apuro. ¡Ran, que vai ser de min!"

Así comeza o argumento central desta fascinante historia, na que Shinichi Kudo é encollido por mor dunha droga experimental dunha organización formada por uns misteriosos Homes de Negro. O veleno que se supoñía tiña que matalo, convérteno nun rapaz de 7 anos. Sen saber moi ben que facer, Shinichi vai buscar axuda á casa do seu veciño e amigo, o profesor Agasa, e el aconséllalle que oculte a súa verdadeira identidade para que as persoas que lle rodean non corran perigo. Así, preséntase ante Ran, a súa mellor amiga, como Conan Edogawa (Conan, saído de Arthur Conan Doyle e Edogawa, de Rampo Edogawa).

"Por moi difícil que resulte, non hai caso que se me resista. A verdade sempre sae á luz. Podo parecer un cativo, pero teño o caletre dun adulto. Son ¡O Detective Conan!"

Malia que Shinichi Kudo é encollido e transformado nun neno, a intelixencia que lle dera sona, non mingua, e vaise a vivir á casa de Ran e o seu pai, Kogoro Mouri, para a través del (xa que o señor Mouri é detective), poder dar co paradeiro dos Homes de Negro. Mentres espera con inquietude a aparición de calquera pista que lle conduza ata a Organización dos Homes de Negro, Conan non poderá evitar resolver unha morea de delitos e asasinatos que se van producindo o seu arredor.

[editar] Personaxes

[editar] Primarios

  • Shinichi Kudo
"Non hai dúbida ningunha, o asasino é esa persoa."
"Agora caio. ¡Máis claro auga!"
Shinichi é o protagonista desta historia. É un rapaz de 17 anos que ten engaiolada á policía de Toquio, pois a súa idade xa ten resoltos unha chea de casos e resulta de grande axuda á policía nos máis complicados de resolver. O deporte que máis lle gusta é o futbol e o seu personaxe literario favorito é Sherlock Holmes. Os seus pais son Yusaku Kudo, un sobranceiro escritor de novelas de misterio e Yukiko Kudo, unha famosa actriz. A súa mellor amiga dende que eran nenos é Ran Mouri.
(Primeira aparición: "O detective máis célebre deste século"; episodio 1).
  • Conan Edogawa
"¡Cache!"
"Señor Mouri, mire aquí unha cousiña..."
É Shinichi encollido por mor da droga experimental dos Homes de Negro. Coa aparencia dun cativo segue a resolver os casos máis complicados aínda que moitas das veces todo o creto lévao o señor Mouri. O profesor Agasa fabrícalle unha morea de aparellos coma os tenis de forza, a paxarita imitadora de voces, o reloxo de dardos narcotizantes ou os lentes radar.
(Primeira aparición: "O detective máis célebre deste século"; episodio 1).
  • Ran Mouri
"¡Conan, ¿onde vas?!"
"¡Por favor, papá!"
É a amiga da infancia de Shinichi. Vai o mesmo instituto ca el e é a capitana do equipo de karate. O seus pais son Kogoro Mouri, un detective de pouca monta e Eri Kisaki, unha prestixiosa avogada. Ran non sabe que Conan é Shinichi.
(Primeira aparición: "O detective máis célebre deste século"; episodio 1).
  • Kogoro Mouri
"Xa estamos nela..."
"¡Non te metas nas cousas dos maiores, lercha!"
Hai anos fora policía e traballara en moitos casos a carón do inspector Megure. Agora o pai de Ran traballa coma detective privado. Pouco a pouco vai gañando sona grazas a Conan, xa que é este quen resolve os casos durmindo a Kogoro co reloxo de dardos e imitando a súa voz coa paxarita. Así é como empeza a ser coñecido polo seu novo alcume: Kogoro Dormente.
(Primeira aparición: "O detective máis célebre deste século"; episodio 1).

[editar] Secundarios

  • Juuzou Megure
"¡¿Está vostede seguro do que dí, señor Mouri?!"
"¡Ah!, ¡xa volveu adoptar a pose para nos expoñer as conclusións!"
É o inspector xefe da policía da xefatura de Toquio. Encóntrase a miúdo con Kogoro e Conan e soe ir acompañado polo axente Takagi. Ten un carácter autoritario.
(Primeira aparición: "O detective máis célebre deste século"; episodio 1).
  • Hiroshi Agasa
¡Ollo co que fas, Shinichi, non te metas en líos!"
É o veciño e amigo de Shinichi. Ten 52 anos e é un científico ó que todo lle sae mal, pero de cando en vez fai algo de xeito e dallo a Conan para axudarlle nos seus casos.
(Primeira aparición: "O detective máis célebre deste século"; episodio 1).
  • Genta Kojima
"¡Eu quero anguías á prancha!"
É un neno amigo de Conan e que forma parte da Asociación de Detectives Xuvenís. É o máis mangallón do grupo e zóscalle a todo aquel que lle leva a contra a Ayumi.
(Primeira aparición: "O detective máis célebre deste século"; episodio 1).
  • Ayumi Yoshida
"¡Conan, teño medo!"
É unha nena amiga de Conan e que tamén forma parte da Asociación de Detectives Xuvenís. Ayumi está namorada de Conan.
(Primeira aparición: "O detective máis célebre deste século"; episodio 1).
  • Mitsuhiko Tsuburaya
Tamén é membro da Asociación de Detectives Xuvenís e amigo de Conan. Intenta ter sempre un razoamento científico.
(Primeira aparición: "O detective máis célebre deste século"; episodio 1).
  • Sonoko Suzuki
"Nunca pillo un bo mozo, filla."
É a mellor amiga de Ran e compañeira de instituto. Pertence a unha familia adiñeirada.
(Primeira aparición: "Asasinato no día de San Valentín"; episodio 6).
  • Heiji Hattori
"¿Vai todo ben con Ran, Shinichi?"
Se ben Shinichi é o detective xuvenil máis coñecido en Toquio, Heiji é o detective xuvenil máis coñecido en Osaka. A rivalidade que nun primeiro intre xorde entre os dous detectives vaise convertindo co paso do tempo nunha verdadeira amizade. Heiji ten 17 anos. Os seus pais son Heizo Hattori, comisario xefe da policía de Osaka e Shizuka Hattori.
(Primeira aparición: "O diplomático asasinado"; episodio 49).
  • Kazuha Toyama
"Así que ti es a famosa Kudo da que Heiji está tan namorado..." (di isto no especial de 1 hora: "Os asasinatos en serie de Osaka"; episodios 124 e 125).
É a mellor amiga de Heiji. O seu pai traballa con Heizo na comisaría de Osaka.
(Primeira aparición: "Os asasinatos en serie de Osaka"; episodio 124).
  • Yusaku Kudo e Yukiko Kudo
Son os pais de Shinichi e actualmente residen en Os Ánxeles. Saben que Conan é Shinichi. Yusaku é un célebre escritor de novelas de misterio, famoso pola súa obra "O Misterioso Barón Nocturno". Yukiko é unha famosa actriz que deixou a súa carreira no mundo do espectáculo ó casar, cando tiña 20 anos. Os dous son bastante infantís e sempre que poden gástanlle unha broma de mal gusto ó pobre de Shinichi.
(Primeira aparición: "O rapto de Conan Edogawa"; episodio 44).
  • Eri Kisaki
"Vai ser mellor que lle pida o divorcio a Kogoro."
É a nai de Ran e muller de Kogoro Mouri de quen se quere separar. Traballa como avogada no Bufete de Avogados Kisaki.
(Primeira aparición: "Asasinato nunha cafetería"; episodio 33).
  • Wataru Takagi
"¡Mande, inspector Megure!"
Inocente e despistado, Takagi é inspector da policía de Toquio e acompaña normalmente a Megure. Está namorado de Sato.
(Primeira aparición: "Caso do asasinato da actriz teatral"; episodio 69).
  • Miwako Sato
Inspectora da policía de Toquio esperta en artes marciais. Admira ó inspector Megure coma se fose un verdadeiro pai para ela, xa que o seu morreu sendo ela unha cativa.
(Primeira aparición: "Ameaza de asasinato indiscriminado no estadio"; episodio 140).
  • Inspector Shiratori
Recentemente ascendido a inspector xefe, a forma de ser deste policía é un tanto engreída xa que non admite nunca que Conan ten certa capacidade para encauzar os casos.
(Primeira aparición: "Historia de amor entre policías"; episodio 156).
  • Yumi Miyamoto
Axente de tráfico da policía de Toquio. En moitas ocasións axuda a Takagi a conquistar a Sato.
(Primeira aparición: "Historia de amor entre policías"; episodio 156).
  • Axente Tome
Xefe da policía científica encargado de encontrar indicios e pegadas que poidan aclarar a autoría dos asasinatos.
(Primeira aparición: ?; episodio ?).
  • Inspector Yokomizo
Ó comezo fora o inspector xefe da prefectura de Saitama. Tempo despois é destinado a prefectura de Shizuoka para ocupar ese mesmo posto nesa comisaría. Yokomizo admira moito o señor Mouri e a súa faceta de Kogoro Dormente.
(Primeira aparición: "Asasinato durante a festa"; episodio 9).
  • Caco Kid
"Vémonos de novo, Shinichi Kudo..."
Caco Kid, antes coñecido como 1412 é un ladrón moi sobranceiro que non utiliza a violencia para maquinar os seus roubos. Ten un gran talento para o disfrace, é un bo imitador de voces e ten unha aparencia física moi parecida á de Shinichi. Unha americana branca, unha camisa azul, unha garavata vermella e un sombreiro de copa constitúen a súa mítica indumentaria.
(Primeira aparición: "Conan contra o ladrón Caco Kid"; episodio 78).
  • Yoko Okino
É unha famosa actriz e cantante. Ten como primeiro admirador a Kogoro Mouri.
(Primeira aparición: "Moito ollo cos famosos"; episodio 3).
  • Tomoaki Araide
É o médico que se encarga de facer as revisións ós estudantes no instituto Teitan. Ran parece levarse moi ben con el, cousa que en ocasións desperta un certo desacougo en Shinichi. O seu pai, que tamén era médico, morreu asasinano, electrocutado na bañeira da súa casa.
(Primeira aparición: "Cegado na oscuridade"; episodio 181).

[editar] A Organización dos Homes de Negro

  • Gin e Vodka
"¡Aburiño; detective!" (Gin di isto no episodio: "O detective máis célebre deste século"; episodio 1).
Son os nomes en clave das dúas persoas que lle administraron a droga a Shinichi. Pertencen á Organización dos Homes de Negro e pouco se sabe sobre eles. Gin ten maior cargo ca Vodka dentro da organización.
(Primeira aparición: "O detective máis célebre deste século"; episodio 1).
  • Shiho Miyano / Ai Haibara
Shiho Miyano pertenceu á Organización dos Homes de Negro co nome en clave de Sherry e foi ela a creadora da droga que encolleu a Shinichi, a Apoptoxin 4869 (APTX 4869), pero non soportou que Gin e Vodka asasinaran a Akemi Miyano, a súa irmá, e decidíu deixar na estacada á organización. Cando Gin e Vodka souberon dos seus verdadeiros propósitos, apreixárona. Shiho decidíu entón suicidarse tomando a súa propia droga pero os seus insólitos efectos secundarios convertérona na nena Ai Haibara. Ai faise amiga de Shinichi e vai vivir para a casa do profesor Agasa.
(Primeira aparición: "A misteriosa alumna nova"; episodio 136).
  • Vermouth
A súa verdadeira identidade é Chris Vinyard, unha famosa actriz dos Estados Unidos. Co nome en clave de Vermouth, Chris é unha peza moi importante da organización.
(Primeira aparición: "Reencontro cos homes de negro"; episodio 190).
  • Akemi Miyano
Akemi era a irmá de Shiho Miyano e formaba parte dos últimos escalóns da organización. Traballaba para eles co trato futuro de que deixasen ceibe a súa irmá. Pero os Homes de Negro non cumpriron a súa palabra e acabaron por desfacerse dela.
(Primeira aparición: "O gran atraco da Organización dos Homes de Negro"; episodio 135).
  • Pisco
É un membro da Organización dos Homes de Negro que tiña como cometido matar a un concelleiro no Hotel Cidade de Haido. Ó final asasínao Gin por orde de Vermouth pola súa incompetencia ó deixarse fotografar por un fotógrafo.
(Primeira aparición: "Reencontro cos homes de negro"; episodio 190).
  • Tequila
É un dos membros da Organización dos Homes de Negro. Morre a causa dunha explosión estando nunha presentación dunha compañía de videoxogos.
(Primeira aparición: "O asasinato da empresa de xogos"; episodio 56).

[editar] Os Aparellos do Profesor Agasa

Grazas o seu amigo, o científico Hiroshi Agasa, Conan dispón dunha gran chea de aparellos cos que contar para resolver os seus casos.

  • Os super tenis
Estes tenis levan incorporados unha rede de cables que envían impulsos eléctricos ó pé estimulando a súa forza e permitindo a Conan lanzar obxectos ós malos para deixalos inconscientes ou tirar portas abaixo.
  • Os dardos narcóticos
Enmascarado coma se de un reloxo normal se tratase, este aparello incorpora un lanzador de dardos narcóticos que deixa durmindo a todo aquel ó que Conan elixa coma vítima.
  • A paxarita moduladora de voz
Esta paxarita especial inclúe un dial para elixir a voz que Conan necesite en cada momento. Deste xeito Conan tense feito pasar por unha chea de xente, sendo o máis recorrente o señor Mouri.
  • Os lentes radar
Unha vez activadas dende a lente esquerda, serven para rastrexar ós sospeitosos e dar coas súas goridas ademáis de ter o obvio propósito de ocultar a verdadeira identidade de Conan.
  • Os tirantes de forza
Malia que parecen uns tirantes normais e correntes, estes poden levantar cousas moi pesadas ou servir de tiracroios para lanzar algún que outro obxecto.
  • O monopatín a enerxía solar
Este monopatín a motor ten a capacidade de alcanzar grandes velocidades. Ó primeiro soamente funcionaba de día xa que a súa fonte de enerxía é o sol, pero logo o profesor Agasa incorporoulle un sistema de reserva que almacena a enerxía para poder aproveitala pola noite. É moi útil para perseguir delincuentes.
  • Os pins teléfono
O profesor Agasa deulles cadanseu pin ós membros da "Asociación de Detectives Xuvenís". Grazas a eles poden manterse en contacto a grandes distancias.
  • O pendente teléfono
Un teléfono moi útil enmascarado en forma de pendente.

[editar] Curiosidades

  • Na primeira edición dos primeiros tomos do manga (edición española), houbo problemas coa traducción dos nomes dalgúns personaxes da Organización dos Homes de Negro, dando o nome de Cherry a Sherry e o de Belmotte a Vermouth.
  • Mentres que no manga, Conan reencontrábase cos Homes de Negro pouco despois de que estes lle deran o veleno, na adaptación ó anime que corresponde co episodio "A grande explosión do tren bala"; episodio 5, non son Gin e Vodka quen aparecen no tren, senón uns homes con moito parecido físico a estes pero que nada teñen que ver coa Organización dos Homes de Negro.
  • A irmá de Shiho Miyano, Akemi Miyano, é asasinada no manga por Gin case ó comezo da historia. Na adaptación ó anime esta historia correspóndese co capítulo "O roubo dos 100 millóns de dólares"; episodio 14, no que Akemi non parece ter relación cos Homes de Negro e sae ilesa do altercado grazas a Conan. Para solucionar isto, e dado que a morte deste personaxe era vital para a futura trama da serie, os responsables da mesma decidiron engadir, xusto antes da primeira aparición de Shiho, un episodio similar ó 14 no que Akemi finalmente morre asasinada por Gin, "O gran atraco da Organización dos Homes de Negro"; episodio 135.
  • Os personaxes de Genta, Ayumi e Mitsuhiko son unha homenaxe de Gosho Aoyama ós personaxes Xigante, Shizuka e Suneo do manga e anime Doraemon.
  • O día 7 de marzo de 2007, a revista Shonen Sunday conmemorou o capítulo 600 deste manga.

[editar] Lista de Episodios

Episodios (numeración galega) emitidos ata agora na Televisión de Galicia.

  • Episodio 1: O detective máis célebre deste século.
  • Episodio 2: O celebre detective que minguou.
  • Episodio 3: Moito ollo cos famosos.
  • Episodio 4: Clave: o peixe de luces.
  • Episodio 5: A grande explosión do tren bala.
  • Episodio 6: Asasinato no día de San Valentín.
  • Episodio 7: A ameaza mensual dos agasallos.
  • Episodio 8: Asasinato no museo de Belas Artes.
  • Episodio 9: Asasinato durante a festa.
  • Episodio 10: Chantaxe a un futbolista.
  • Episodio 11 e 12: Os asasinatos da sonata ó luar (I) e (II) (Especial 1H).
  • Episodio 13: O secuestro de Ayumi.
  • Episodio 14: O roubo dos 100 millóns de dólares.
  • Episodio 15: O atentado da mensaxe enigmática.
  • Episodio 16: O cadáver desaparecido.
  • Episodio 17: O asasinato do coleccionista.
  • Episodio 18: Roubo nos grandes almacéns.
  • Episodio 19: O asasinato da noiva.
  • Episodio 20: Asasinato no ascensor.
  • Episodio 21: Asasinato na mansión enmeigada.
  • Episodio 22: Asasinato no escenario da rodaxe.
  • Episodio 23: Asasinatos nun trasatlántico de luxo (1ª parte).
  • Episodio 24: Asasinatos nun trasatlántico de luxo (2ª parte).
  • Episodio 25: O misterio da guapa amnésica.
  • Episodio 26: El caso del secuestro falso.
  • Episodio 27: El caso de asesinato de John el perro.
  • Episodio 28: El caso de asesinato en la reunión de ex-compañeros de Kogoro (1ª parte).
  • Episodio 29: El caso de asesinato en la reunión de ex-compañeros de Kogoro (2ª parte).
  • Episodio 30: El caso de asesinato por computadora.
  • Episodio 31: El caso de asesinato con prueba de coartada.
  • Episodio 32: Caso de asesinato en una estación de televisión.
  • Episodio 33: Caso de asesinato en una cafetería.
  • Episodio 34: Caso de sobrevivencia del escuadrón de detectives.
  • Episodio 35: El caso del romance y asesinato por un hombre vendado en una villa montañesa (1ª parte).
  • Episodio 36: El caso del romance y asesinato por un hombre vendado en una villa montañesa (2ª parte).
  • Episodio 37: Caso de asesinato del lunes a las 7:30.
  • Episodio 38: Asesinato na Festa do Lume.
  • Episodio 39: El caso del asesinato en el Festival Aka Oni Mura.
  • Episodio 40: El caso de asesinato de la joven adinerada (1ª parte).
  • Episodio 41: El caso de asesinato de la joven adinerada (2ª parte).
  • Episodio 42: El caso de la bandera saboteada.
  • Episodio 43: El caso del asesinato en la sala de karaoke.
  • Episodio 44: O rapto de Conan Edogawa.
  • Episodio 45: Os asasinatos da familia Hotta.
  • Episodio 46: O asasinato da máscara facial.
  • Episodio 47: El caso de asesinato en la villa de las montañas nevadas.
  • Episodio 48: Asasinato nun ximnasio.
  • Episodio 49: O diplomático asasinado (1ª parte).
  • Episodio 50: O diplomático asasinado (2ª parte).
  • Episodio 51: Asasinato na biblioteca.
  • Episodio 52: Asasinato nunha cancha de minigolf.
  • Episodio 53 e 54: Caso de asesinato de la leyenda del Kiri Tengu (Especial 1H).
  • Episodio 55: O asasinato da arma misteriosa.
  • Episodio 56: O asasinato da empresa de xogos.
  • Episodio 57: O asasinato do truco dos trens.
  • Episodio 58: Caso de asesinato Ojamambo.
  • Episodio 59: Os asasinatos do fanático de Sherlock Holmes (1ª parte).
  • Episodio 60: Os asasinatos do fanático de Sherlock Holmes (2ª parte).
  • Episodio 61: Caso de asesinato del primer viaje.
  • Episodio 62: Caso de asesinato de un ilustrador.
  • Episodio 63: Os asasinatos do barco pantasma (1ª parte).
  • Episodio 64: Os asasinatos do barco pantasma (2ª parte).
  • Episodio 65: Caso de asesinato del gran monstruo Gomera.
  • Episodio 66: O asasinato das 3 impresións dactilares.
  • Episodio 67: O secuestro dos carangexos e a balea.
  • Episodio 68: Asasinato nunha rúa escura.
  • Episodio 69: O caso da actriz asasinada.
  • Episodio 70: O misterio do asasinato do Barón Nocturno (1ª parte: o caso).
  • Episodio 71: O misterio do asasinato do Barón Nocturno (2ª parte: os sospeitosos).
  • Episodio 72: O misterio do asasinato do Barón Nocturno (3ª parte: a resolución).
  • Episodio 73: O asasinato do acosador.
  • Episodio 74: O asasinato dos tres xemelgos.
  • Episodio 75: O intento de asasinato do naufraxio.
  • Episodio 76: O misterio de Jinnai, o Deus da Morte.
  • Episodio 77: O asasinato do presidente da empresa financeira.
  • Episodio 78 y 79: Conan contra o ladrón Caco Kid (I) e (II) (Especial 1H).
  • Episodio 80: Misteriosos asasinatos nunha familia importante (1ª parte).
  • Episodio 81: Misteriosos asasinatos nunha familia importante (2ª parte).
  • Episodio 82: Asasinato no atraco a un banco.
  • Episodio 83: O asasinato do artista vagabundo.
  • Episodio 84: O secuestro duns cantantes famosos (1ª parte).
  • Episodio 85: O secuestro duns cantantes famosos (2ª parte).
  • Episodio 86: Asasinato no hospital xeral.
  • Episodio 87: Asasinato na casa rural da estación de esquí (1ª parte).
  • Episodio 88: Asasinato na casa rural da estación de esquí (2ª parte).
  • Episodio 89: Cómpre atopar o lugar do secuestro.
  • Episodio 90: O asasinato do amante dos grous.
  • Episodio 91: Asasinato no castelo de Drácula (1ª parte).
  • Episodio 92: Asasinato no castelo de Drácula (2ª parte).
  • Episodio 93: O asasinato das flores perfumadas.
  • Episodio 94: O atracador hospitalizado.
  • Episodio 95: Terror na montaña (1ª parte).
  • Episodio 96: Terror na montaña (2ª parte).
  • Episodio 97: O asasinato da lendaria muller da neve.
  • Episodio 98: O asasinato da cita de Kogoro.
  • Episodio 99, 100, 101 e 102: O detective acantoado (I), (II), (III) e (IV) (Especial 2H).
  • Episodio 103: O asasinato do viño de despedida.
  • Episodio 104: O asasinato do ceramista famoso (1ª parte).
  • Episodio 105: O asasinato do ceramista famoso (2ª parte).
  • Episodio 106: Recordos do primeiro amor (1ª parte).
  • Episodio 107: Recordos do primeiro amor (2ª parte).
  • Episodio 108: O asasinato do actor de películas de samurais (1ª parte).
  • Episodio 109: O asasinato do actor de películas de samurais (2ª parte).
  • Episodio 110: A casa misteriosa dos bandidos (1ª parte).
  • Episodio 111: A casa misteriosa dos bandidos (2ª parte).
  • Episodio 112: O asasinato da primicia fotográfica.
  • Episodio 113: O misterioso caso do toupa (1ª parte).
  • Episodio 114: O misterioso caso do toupa (2ª parte).
  • Episodio 115: A gran persecución automobilística da Asociación de Detectives Xuvenís.
  • Episodio 116: Asasinato na escola de cociña (1ª parte).
  • Episodio 117: Asasinato na escola de cociña (2ª parte).
  • Episodio 118: Os contos de medo da escola primaria de Teitan.
  • Episodio 119: Asasinato na praia de area branca.
  • Episodio 120: Submarinismo e asasinato (1ª parte).
  • Episodio 121: Submarinismo e asasinato (2ª parte).
  • Episodio 122: A desaparición dun escritor de novelas policíacas (1ª parte).
  • Episodio 123: A desaparición dun escritor de novelas policíacas (2ª parte).
  • Episodio 124 e 125: Os asasinatos en serie de Osaka (I) e (II) (Especial 1H).
  • Episodio 126: O asasinato de Yaiba o Enmascarado.
  • Episodio 127: Asasinato con mel.
  • Episodio 128: O vencello esquecido entre dúas irmás (1ª parte).
  • Episodio 129: O vencello esquecido entre dúas irmás (2ª parte).
  • Episodio 130: O secuestro da muller do tempo.
  • Episodio 131: A misteriosa morte do asasino (1ª parte).
  • Episodio 132: A misteriosa morte do asasino (2ª parte).
  • Episodio 133: Asasinato na compañía itinerante de teatro (1ª parte).
  • Episodio 134: Asasinato na compañía itinerante de teatro (2ª parte).
  • Episodio 135: O gran atraco da Organización dos Homes de Negro.
  • Episodio 136, 137, 138 e 139: A misteriosa alumna nova (I), (II), (III) e (IV) (Especial 2H).
  • Episodio 140: Ameaza de asasinato indiscriminado no estadio (1ª parte).
  • Episodio 141: Ameaza de asasinato indiscriminado no estadio (2ª parte).
  • Episodio 142: Asasinatos entre magos afeccionados (1ª parte).
  • Episodio 143: Asasinatos entre magos afeccionados (2ª parte).
  • Episodio 144: Asasinatos entre magos afeccionados (3ª parte).
  • Episodio 145: A desaparición da arma homicida.
  • Episodio 146: O antigo palacio europeo (1ª parte).
  • Episodio 147: O antigo palacio europeo (2ª parte).
  • Episodio 148: A derradeira sesión (1ª parte).
  • Episodio 149: A derradeira sesión (2ª parte).
  • Episodio 150: A mensaxe de socorro de Ayumi.
  • Episodio 151: Asasinato nun cuarto pechado na véspera da voda (1ª parte).
  • Episodio 152: Asasinato nun cuarto pechado na véspera da voda (2ª parte).
  • Episodio 153: A misteriosa observación astronómica.
  • Episodio 154: Asasinato a bordo do Estrela Polar (1ª parte).
  • Episodio 155: Asasinato a bordo do Estrela Polar (2ª parte).
  • Episodio 156: Historia de amor entre policías (1ª parte).
  • Episodio 157: Historia de amor entre policías (2ª parte).
  • Episodio 158: Asasinato no tranvía.
  • Episodio 159: Puenting no parque de atraccións.
  • Episodio 160: Asasinato con coche bomba (1ª parte).
  • Episodio 161: Asasinato con coche bomba (2ª parte).
  • Episodio 162: O vello que desapareceu.
  • Episodio 163: O azaroso verán de Sonoko (1ª parte).
  • Episodio 164: O azaroso verán de Sonoko (1ª parte).
  • Episodio 165: O caso da chave na auga nun piso pechado.
  • Episodio 166: Historia de amor entre detectives 2 (1ª parte).
  • Episodio 167: Historia de amor entre detectives 2 (2ª parte).
  • Episodio 168: A liña circular do silencio.
  • Episodio 169: A lenda do misterioso pagode de 5 pisos (1ª parte).
  • Episodio 170: A lenda do misterioso pagode de 5 pisos (2ª parte).
  • Episodio 171: Asasinato no restaurante Riusuitei.
  • Episodio 172 e 173: O cadaleito voador: o primeiro caso de Shinichi (I) e (II) (Especial 1H).
  • Episodio 174: O segredo da lúa, a estrela e o sol (1ª parte).
  • Episodio 175: O segredo da lúa, a estrela e o sol (2ª parte).
  • Episodio 176: A desaparición da Asociación de Detective Xuvenís.
  • Episodio 177: O misterio da mansión da araña de Tottori (1ª parte).
  • Episodio 178: O misterio da mansión da araña de Tottori (2ª parte).
  • Episodio 179: O misterio da mansión da araña de Tottori (3ª parte).
  • Episodio 180: O bico de Venus.
  • Episodio 181: Cegado na oscuridade (1ª parte).
  • Episodio 182: Cegado na oscuridade (2ª parte).
  • Episodio 183: Regresa a derradeira mensaxe (1ª parte).
  • Episodio 184: Regresa a derradeira mensaxe (2ª parte).
  • Episodio 185: O home ao que mataron catro veces.
  • Episodio 186, 187, 188 e 189: Asasinatos no Sinfonía: vinganza vinte anos despois (I), (II), (III) e (IV) (Especial 2H).
  • Episodio 190: Reencontro cos Homes de Negro (1ª parte: a historia de Ai Haibara).
  • Episodio 191: Reencontro cos Homes de Negro (2ª parte: a historia de Conan).
  • Episodio 192: Reencontro cos Homes de Negro (3ª parte: caso resolto).
  • Episodio 193: O camión que chocou contra a cafetería.
  • Episodio 194: Nocturno de morte apaixonada (1ª parte).
  • Episodio 195: Nocturno de morte apaixonada (2ª parte).
  • Episodio 196: Pescuda intensa a través de 9 portas.
  • Episodio 197: Receita envelenada.
  • Episodio 198 e 199: O sorriso cruel das máscaras malditas (I) e (II) (Especial 1H).
  • Episodio 200: O asasinato do detective famoso (1ª parte).
  • Episodio 201: O asasinato do detective famoso (2ª parte).
  • Episodio 202: Un disparo misterioso resoa na escuridade.
  • Episodio 203: Regreso arriscado: detectives na cova.
  • Episodio 204: Regreso arriscado: o detective ferido.
  • Episodio 205: Regreso arriscado: a terceira opción.
  • Episodio 206: Regreso arriscado: o cabaleiro negro.
  • Episodio 207: Regreso arriscado: volve Shinichi.
  • Episodio 208: Regreso arriscado: o lugar prometido.

[editar] A Música de Conan

[editar] Inicio

  • 1. "Mune ga doki doki" [O corazón guíame con paixón] de The High-Lows. (Eps. 1-54).
Un cento de anos pasou,
o século chega a súa fin.
Un cento de anos pasou,
mandáronme chorar e eu rin.
Eu ben sei que a chave está
entre o yang e o yin.
E cando miro ó meu redor
o mundo está a agardar por min.
E todo o que entendera e crin
cando aínda era un galopín,
e todo o que entendera e crin
hoxe non me entra no maxín.
Non, sobranceiro non son,
nin digno de devoción.
Mais o son do corazón,
é o que me guía con paixón.
Respostas non quero, non,
tan só sentir ilusión.
Pois o son do corazón,
é o que me guía con pai,
é o que me guía con paixón.


  • 2. "Feel your heart" [Sente o teu corazón] de Velvet Garden. (Non hai versión galega deste tema).


  • 3. "Nazo" [Misterio] de Miho Komatsu. (Eps. 55-102).
Neste mundo só teño un desexo eu,
o teu amor sincero.
Sempre en min aquela luz brillará,
dime que por fin, ah, ah, ah,
o misterio resolto está.
Como imaxinar cando me sinto triste e soa
que os amigos están xunto a ti
e ti aquí non me abandonas.
Non o podo evitar e choro sen parar.
Se penso en ti, ¿por onde andarás?,
que de repente non volves.
Este corazón que bate a cen por ti
está desesperado.
Tanto da, aquela luz brillará,
dime que por fin, ah, ah, ah,
o misterio resolto está,
o misterio resolto está.


  • 4. "Unmei no roulette o mawashite" [A roda do azar] de ZARD. (Eps. 103-130).
Xira ó arredor
desta roda do azar,
saes ti,
quedo pampa ó verte.
Porque a pesar de todo
sen ti non sei ser feliz.
Se miro pro horizonte,
véxoo todo gris.
Isto vai pra atrás
¿A onde vou?
¿Por que me estou a ver, así,
como á paiola?
Xira ó arredor
desta roda do azar.
Arre demo que non sei que pasa,
xa non sei saír.
E por fin, velaquí,
isto é o meu porvir.
O que eu son,
quedar pampa ó verte.


  • 5. "Truth" [Verdade] de Two-Mix. (Eps. 131-180).
Busca a verdade e o amor.
O soño que está oculto
nesa mirada túa.
Busca a verdade e o amor.
Non hai ladrón que o roube
nin existe ganzúa
pra o teu corazón.
Busca a verdade e o amor.
Paixón que non domino,
delirio e frenesí.
Márcame o rumbo por min
e lévame a un futuro
no que sempre estás ti.
Volve xunto a min.


  • 6. "Giri giri chop" [Corte ó límite] de B'z. (Eps. 172 e 173, versión xaponesa subtitulada ó galego).
Por moita revista que lea,
non atopo nada.
Desmoralízome.
Non hai roupa que me preste.
A cor de moda da fin do mundo.
Non dou combinado coa túa forma de vestir.
Lamento decepcionarte.
Síntome coma quen camiña por un cantil:
ando a cambalear.
Pero cómpre tirar para diante
No meu caso, non hai fallo.
Se non hai moito perigo,
non me vale.
Por favor, non me mires con esa ollada fría.
Déixame facer ao meu xeito.
Se non, non hei de soportar nada.
Síntome coma quen camiña por un cantil:
ando a cambalear.
Pero cómpre tirar para diante
No meu caso, non hai fallo.


  • 7. "Mysterious eyes" [Ollos misteriosos] de Garnet Crow. (Eps. 181-219).
Que ti e máis eu
sexamos distintos é natural.
En ideas, en gustos
e estilos non coincidimos.
Nada é igual.
Mais tanto ten se xuntos
buscámo-lo futuro
con moito afán.
Se o que ti queres no mundo
é o mesmo destino
que eu desexo cada día.
E non te preocupes
se algo che vai mal.
Pois vas ter contigo
un ser especial.
Ollos con misterio
e un corazón leal.
True heart for mystery eyes.
Quererte amor
e non perderte.
E ir da man
desde o solpor ó abrente.
E non me firas
xamáis por favor.
Busca a resposta
que vou ir tras de ti.
O medo conxura
que estou ó teu lado.
E non dubides máis.
Take your way.
¡Repítemo vai!
Feel so all in secret life.

[editar] Final

  • 1. "Step by step" [Paso a paso] de Ziggy. (Eps. 1-52).
Véxote desde a fantasía
mentres o té na cunca arrefría.
A enredos mil
terémoslles que poñer fin.
O ritmo da bossa nova
camiño e vou contigo ben paseniño.
Pra as pezas que teño
só preciso enxeño.
Ah, ah, sete días atrás
soamente era un adolescente
mais igual de sagaz e intelixente.
Paso a paso,
que a paciencia é unha virtude sen par.
Caso a caso,
vivo a vida a rir e a soñar.
Porque hoxe sei que noutro lado ela está
esperando por min.
Oh, oh, mi amor,
porque non sei cando...


  • 2. "Meikyuu no lovers" [Amantes de labirinto] de Heath. (Non hai versión galega deste tema).


  • 3. "Hikari to kagea no roman" [O romance entre o luscofusco] de Keiko Utoko. (Eps. 53-72).
Amor de luz do que me falas ti
é un amor que dura all night long.
Fai que latexe forte o corazón.
Tanto dá, quero amar sempre así.
Tenras lembranzas gardo en min de ti
coma un tesouro cool and dry.
E mentres soñas cun lugar que hai
máis alá de alas de colibrí.
Coma unha sombra que
de lonxe mira por onde vas.
Unida a ti
é o norte do meu compás,
¿onde estás?
E cando saibas deste sufrimento
que me deu azos, que me deu alento.
Contigo,
o que foi un solpor tan gris
sexa mencer azul.


  • 4. "Kimi ga inai natsu" [O verán sen ti] de DEEN. (Eps. 73-86).
As mañás son duras,
haise que volver erguer.
Pero eu sigo adiante,
sei sorrir alegre se caio.
Perseguir soños é necesario
aínda que eu ben sei
que a vida é triste
ó estar separados meu ben.
Os días de verán a túa beira son
tan tenros, tan quentes
pero aquilo xa alá vai.
Pasou xa tanto tempo dende aquela,
mirábasme, amábate.
Ti estabas xunto a min.
Ah ha, oh ho, non podo deixar de soñar
cos días que xa nunca volverán.
Ah ha, oh ho, non podo deixar de soñar
cos días que xa nunca volverán.


  • 5. "Negai goto hitotsudake" [Un só desexo] de Miho Komatsu. (Eps. 87-114).
¿Por que miras pra alguén
e sabes que el é pra ti?
¿Por que tan tristes nós estamos
se miramos pro solpor?
Palabras amorosas
leva o vento ó zoar.
¿A onde van se xa non hai
alguén que as queira compartir?
E ir da man,
e sorrir, e sorrir, e sorrir.
Soños sinceros son,
pero sei que son só un desexo.
Cando magoan ó teu corazón
non queres mirar máis pra atrás.
E xa non queres empezar de novo,
estás ferido e non amas.


  • 6. "Koori no ue ni tatsu you ni" [De pé sobre o xeo] de Miho Komatsu. (Eps. 115-141).
Gústame estar de pé sobre o xeo livián,
o perigo atráeme coma un imán.
Quero acadar os soños que sempre soñei,
os soños que eu imaxinei.
Eterno destino meu.
Se ante min aterrase unha nave espacial
ben seguro que había montar nela
pra viaxar cara o incerto futuro.
Dí a xente que o mellor é levar
unha vida corrente normal.
Mais no fondo o que eu quero facer
é fuxir desa vida sen ti, tan banal.
É como estar de pé sobre o xeo a abanear
pois non podo dicirche o que sinto eu.
O corazón que voa máis presto que a luz
non se atreve a mostrarse ante ti.
Eterno destino meu.


  • 7. "Still for your love" [Aínda polo teu amor] de Rumanía Montevideo. (Eps. 142-162).
Nunha noite en que todo pode pasar
pecha os teus ollos
e un desexo pide xa.
Pois nunha noite así de lúa naceu.
Dí miña nai que foi
do amor de seu
que aquilo aconteceu.
Se un día ves o mundo os teus pés,
que ese futuro que soñabas xa rompeu.
Descalzo vas, pateas e saltas
por riba do arco da vella
e tóca-lo ceo,
e tóca-lo ceo.


  • 8. "Free magic" [Maxia libre] de WAG. (Eps. 163-193).
Free magic,
onde a verdade está.
Free magic,
o amor o que será.
Busco a certeza e a seguridade,
avanzo, movo pola fría escuridade
e algún día o milagre xurdirá.
Free magic,
o amor se existe será
como o mundo, circular.
Free magic,
o amor que me nace das mans
e non para de rodar.
Quizá valente non che son,
mais chego lonxe con tesón.
Free magic,
con coraxe, con valor.
Free magic,
ten confianza e nacerá o amor.


  • 9. "Secret of my heart" [Segredo do meu corazón] de Mai Kuraki. (Eps. 194-2??).

[editar] Dobraxe ó Galego

  • Shinichi Kudo (Gaspar Somoza)
  • Conan Edogawa (Teresa Santamaría)
  • Ran Mouri (Isabel Vallejo)
  • Kogoro Mouri (Matías Brea)
  • Juuzou Megure (Alfonso Valiño)
  • Hiroshi Agasa (Francisco Barreiro)
  • Genta Kojima (Antonio Rey)
  • Ayumi Yoshida (Marián Muíño)
  • Mitsuhiko Tsuburaya (Patricia de Lorenzo)
  • Sonoko Suzuki (Nora Abad)
  • Heiji Hattori (Monti Castiñeiras)
  • Kazuha Toyama (Ana Ouro)
  • Wataru Takagi (Manuel Pombal)
  • Miwako Sato (Montse Davila)
  • Ai Haibara (Consuelo Díaz)
  • Yusaku Kudo (Luis Iglesia)
  • Yukiko Kudo (Xermana Carballido)
  • Eri Kisaki (Charo Pena)
  • Heizo Hattori (Luis Iglesia)
  • Voz adicional (J. A. Rubal)
  • Voz adicional (Nacho Castaño)
  • Voz adicional (Xosé López Baño "Tanas")
  • Voz adicional (César Cambeiro)
  • Voz adicional (Antonio Mourelos)
  • Voz adicional (Gonzalo Faílde)
  • Voz adicional (Alfonso Agra)
  • Voz adicional (Tacho González)
  • Voz adicional (Miguel Varela)

[editar] Películas

Malia que todavía non chegaron a Galicia, nos cines do Xapón xa se estrearon 10 películas de "O Detective Conan" e van polo camiño de estrear a 11.

  • 1: Rañaceos no tempo (1997).
  • 2: A decimocarta vítima (1998).
  • 3: O último mago do século (1999).
  • 4: Engaiolado nos seus ollos (2000).
  • 5: Conta atrás cara o ceo (2001).
  • 6: A pantasma da rúa Baker (2002).
  • 7: Encrucillada na antiga capital (2003).
  • 8: O mago do ceo prateado (2004).
  • 9: Estratexia nas profundidades (2005).
  • 10: O descanso dos detectives (2006).
  • 11: A calaveira pirata no basto océano (21 de Abril de 2007).

[editar] Animacións de Vídeo Orixinal (OVAs)

As OVAs son capítulos especiais de longa duración non emitidos en televisión. No Xapón adóitanse sacar en vídeo ou DVD.

  • 1: Conan contra Caco Kid contra Yaiba.
  • 2: Dezaseis sospeitosos.
  • 3: Conan, Heiji e o neno desaparecido.
  • 4: Conan, Caco Kid e o Cristal Nai.
  • 5: ¡Obxectivo, Kogoro Mouri! ¡A investigación secreta dos Detectives Xuvenís!
  • 6: ¡A persecución do diamante desaparecido! Conan e Heiji contra Caco Kid.
  • 7: O desafío escrito de Agasa.

[editar] Ligazóns

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu