Sherlock Holmes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sherlock Holmes é un detective de ficción creado por Arthur Conan Doyle en 1886 na súa obra Un estudo en escarlata publicada en 1887. Un dos personaxes de ficción máis coñecido, Holmes é famoso por utilizar a lóxica e a astucia para resolve-los seus casos. En total Doyle escribiu catro novelas e 56 relatos protagonizados polo personaxe e narrados polo seu alter ego Doutor Watson, agás dous relatos narrados polo propio Holmes e outros dous en terceira persoa.