O Sexo, Agolada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santiago do Sexo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 63 habitantes (33 homes e 30 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 83 habitantes.