Val de Sangorza, Agolada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa María de Val de Sangorza é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 118 habitantes (68 mulleres e 50 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 138 habitantes.