O show dos Tonechos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O show dos Tonechos é un programa da Televisión de Galicia protagonizado por Roberto Vilar e Víctor Fábregas, dúo humorístico coñecido como Os Tonechos. O programa piloto emitiuse o 18 de abril de 2005 cunha cota de pantalla do 25.8%, a partir de maio emitiuse con regularidade semanal en horario de máxima audiencia, cada episodio tiña unha duración de 70 minutos.