Os Tonechos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Tonechos é un dúo humorístico formado por Roberto Vilar ("Tonecho") e Víctor Fábregas ("Tucho"). A súa primeira aparición foi no programa Con Perdón da TVG, mais onde acadaron a sua fama foi en Luar. Despois dunha longa traxectoria neste programa, adicáronse a facer especiais para logo teren o seu proprio programa, O show dos Tonechos no que, ademais das persoaxes que os fixeron famosos, tamén aparecen outras novas. O seu humor baséase na retranca e o surrealismo. Algunhas das súas expresións máis coñecidas son: "Pasa de todo tío", "Báilanme as perniñas" (Tucho) e "Eu nacín no Congo Belga", "Está posto con malicia" (Tonecho). Tonecho e Tucho son pai e fillo, a nai chámase Maribel e a avoa Amadora.
[editar] Lista de especiais dos Tonechos
- Os Tonechos van á obra
- Os Tonechos e o camiño de Santiago
- Os Tonechos van á praia
- Os Tonechos en América
- Os Tonechos van ó mar
- Os Tonechos e a loteria de nadal
- Os Tonechos nunha de medo
- Os Tonechos no gran hotel
- Os Tonechos e o atraco ó banco
- Os Tonechos : O padriño de Amadora
- Os Tonechos no hospital
- Nadal cos Tonechos
- Os Tonechos no hospital
- Os Tonechos nunha de amor
- Os Tonechos: Nunha de cine
- Os Tonechos van presos
- Os Tonechos: O debate
- Os Tonechos de película
- Os Tonechos van á escola
- Os Tonechos na despedida de solteiro
- Os Tonechos volta e volta
[editar] Ligazóns externas
- Páxina dos Tonechos na web da RTVGA, dende a que se poden visualizar os capítulos emitidos.