Oblomov
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Oblomov, publicado en 1858 e a novela máis coñecida do escritor ruso Iván Goncharov. Oblomov, a personaxe central de novela e vista coma a encarnación do “home superfluo” (lizhni chelovek), estereotipo da literatura rusa do século XIX. Oblomov e un home nobre e xeneroso incapaz de tomar decisións ou de realizar accións importantes. Ö longo do libro permanece case todo o tempo na cama. O libro foi considerado unha sátira da nobreza rusa, de papel social moi cuestionado na Rusia da época. A obra foi moi popular no seu tempo, e moitos dos seus caracteres e situacións marcaron a cultura e linguaxe rusos. Oblomov pasou a lingua rusa coma palabra para describir a persoas que amosan unha preguiza e inercia similares ás do protagonista da novela. Oblomovismo (oblomovshina) designa o tipo de preguiza case xenética que algúns críticos, entre eles Fiodor Dostoievski consideraron característica constitutiva da [[alma rusa]] e “Oblomovka” refírese á casa familiar no campo, descrita como un lugar idílico no capítulo “O soño Oblómov", e que simboliza a fuxida á infancia, á que se regresa mentalmente cando a incapacidade de decidirse bloquea á acción.
Oblómov foi levada o cine na Unión Soviética por Nikita Mikhalkov en 1981.