Omar Hasan Ahmad al-Bashir
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Omar Hasan Ahmad al-Bashir (nado o 1 de xaneiro de 1944, árabe: عمر حسن أحمد البشير). Presidente de Sudán.
Nado na pequena vila de Hosh Bonnaga, al-Bashir entrou no exército sudanés moi novo e estudou nunha academia militar do Cairo. Serviu no exército exipcio durante a guerra con Israel de 1973. Á súa volta a Sudán, al-Bashir estivo ao mando das operacións militares contra do Exercito Popular de Liberación do Sudán na metade sur do país. Acadou o xeneralato nos anos oitenta, e estivo á frote do golpe militar de 1989 contra o presidente Sadeq al-Mahdi. Al-Bashir suprimiu todos os partidos políticos, censurou a prensa e disolveu o Parlamento, converténdose en Director do Consello Revolucionario para a Salvación Nacional, asumindo o posto de xefe de estado, primeiro ministro, xefe das forzas armadas e ministro de defensa.