Omar Sívori
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Omar Sívori | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Enrique Omar Sívori | ||
Alcume: | ' | ||
Data de nacemento: | 2 de outubro de 1935 | ||
Lugar de nacemento: | San Nicolás de los Arroyos, Arxentina | ||
Data de falecemento: | 17 de febreiro de 2005 | ||
Lugar de falecemento: | San Nicolás de los Arroyos, Arxentina | ||
Nacionalidade: | |||
Clube actual: | retirado | ||
Posición: | Dianteiro | ||
Altura: | 1,70 metros | ||
Partidos internacionais: | 27 | ||
Goles: | |||
Ano do debut: | 1954 | ||
Clube do debut: | River Plate | ||
Ano do retiro: | 1968 | ||
Clube do retiro: | SSC Nápoli |
Enrique Omar Sívori (*San Nicolás de los Arroyos, Provincia de Bos Aires, Arxentina, 2 de outubro de 1935 - †San Nicolás de los Arroyos, Provincia de Bos Aires, Arxentina, 17 de febreiro de 2005), futbolista e adestrador ítalo-arxentino.
Índice |
[editar] Biografía
Debutou en River Plate no 1954, ós 17 anos de idade, onde gañou a Liga arxentina en 1955 e 1956. Xogou 63 encontros e anotou 28 goles.
En 1957 fichou pola Juventus da Serie A italiana pola cifra récord de 10 millóns de pesos arxentinos. Alí gañou tres títulos de Liga (1958, 1960 e 1961), dúas Copas de Italia (1959 e 1960) e foi o máximo anotador da Liga italiana (1960). Xogou 215 partidos e anotou 135 goles.
Ao obte-la dobre nacionalidade ítalo-argentina puido gaña-lo Balón de Ouro coma mellor xogador europeo en 1961.
En 1965 foise ao SSC Nápoli, no que ficou catro tempadas. Despois de retirarse dirixiu, entre outros, a Rosario Central, River Plate e á Selección arxentina.
[editar] Selección nacional
Foi internacional coas Selecciones arxentina e italiana. Pola escadra arxentina xogou 18 econtros e anotou 9 goles, e tamén gañou a Copa América 1957. Polo seleccionado italiano xogou 9 encontros, anotando 8 goles.
[editar] Clubes
- River Plate - (Arxentina) - 1954-1957
- Juventus FC - (Italia) - 1957-1965
- Nápoli - (Italia) - 1965-1968
[editar] Títulos
[editar] Campionatos nacionais
- River Plate - (Arxentina) - 1955
- River Plate - (Arxentina) - 1956
- Juventus FC - (Italia) - 1957
- Juventus FC - (Italia) - 1959 (Copa de Italia)
- Juventus FC - (Italia) - 1959
- Juventus FC - (Italia) - 1960 (Copa de Italia)
- Juventus FC - (Italia) - 1960
[editar] Copas internacionais
- Selección nacional de fútbol de Arxentina - (Arxentina) - 1957 (Copa América)
[editar] Distincións individuais
- Máximo goleador da Liga italiana - 1959
- Balón de Ouro - 1961
- Galardoado coma un dos FIFA 100 - 2004
[editar] Participacións nos Mundiais
- Mundial de Fútbol Chile 1962 - (Italia) - 1962
[editar] Ligazóns externas
- Obituario y semblanza del jugador, por UEFA.com (en castelán).