Selección nacional de fútbol de Italia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Logo | |
Alcume | |
---|---|
Azzurri ('Azuis') | |
Adestrador | |
Marcello Lippi dende 2004 | |
Máis veces internacional | |
Paolo Maldini (126) | |
Máximo goleador | |
Gigi Riva (35) | |
Primeiro encontro | |
Italia 6 - 2 Francia (Milan, Italia; 15 de maio, 1910) |
|
Mellor resultado | |
Italia 9 - 0 E.E.U.U. (Brentford, Inglaterra; 2 de agosto, 1948) |
|
Peor resultado | |
Hungría 7:1 Italia (Budapest, Hungría; 6 de abril 1924) |
|
Nos Mundiais | |
Nº de participacións: 15 (Primeiro: 1934) Mellor clasificación: Campión 1934,1938, 1982, 2006 |
|
Nas Eurocopas | |
Nº de participacións: 6 (Primeira: 1968) Mellor clasificación: Campión 1968 |
A selección italiana de fútbol é o equipo nacional de Italia e está controlada pola Federación Italiana de Fútbol.
É unha das seleccións con mellor palmarés, tendo na súa galería de trofeos catro títulos mundiais, cifra só superada por Brasil, con cinco.
Índice |
[editar] Historia
O primeiro encontro da selección italiana foi na cidade de Milán, en Italia, o 15 de maio de 1910, contra Francia. Gañaron por 6 a 2. Rexeitaron acudir á primeira Copa do Mundo, en Uruguai, no ano 1930. En 1934 e 1938 saíron vencedores, aínda que no de 1934, desputado en Italia, foron moi criticados debido ás supostas axudas arbitrais recibidas ao longo do torneo. Catro anos máis tarde gañaron de novo, esta vez sen axuda de ningún tipo, demostrando que eran unha grandísima escadra e que non precisaban ningún apoio ilegal para gañar. Hai que lembrar que neses anos a Italia estaba gobernada polo fascismo de Mussolini.
Despóis da Segunda Guerra Mundial o fútbol italiano baixaría moito o seu nivel, sendo o punto culminante a derrota por 1-0 diante de Corea do Norte no Mundial de 1966.
No ano 1968 a escadra italiana gaña o seu primeiro título donde 1938, a Eurocopa. Este triunfo foi o resultado dunha política de non contratación de estranxeiros na liga italiana, co obxectivo de potenciar a selección nacional. Dous anos máis tarde, no Mundial de 1970 chegarían ata a final, perdendo có Brasil de Pelé, Tostao, Gérson, Rivelino e outras estrelas por 4-1.
En 1982 a Italia faise có título de campión mundial por terceira vez, despóis dun pobre xogo na primeira fase, derrotaron á Arxentina, Brasil e Polonia, e logo á Alemaña na final por 3-1. O dianteiro Paolo Rossi foi a súa estrela naquela competición.
En 1990, no mundial desputado en Italia alcanzaron o terceiro posto e catro anos máis tarde foron subcampións, derrotados polo Brasil na tanda de pentaltis.
Por fin, no 2006 acadaron o seu cuarto título mundial, vencendo na final á Francia nos penaltis. Os xogadores Pirlo, Gatusso, Fabio Cannavaro ou Materazzi destacaron especialmente.
[editar] Palmarés nos Mundiais
- 1930 - Non participou
- 1934 - Campións
- 1938 - Campións
- 1950 - 1ª rolda
- 1954 - 1ª rolda
- 1958 - Non se clasificou
- 1962 - 1ª rolda
- 1966 - 1ª rolda
- 1970 - Subcampións
- 1974 - 1ª rolda
- 1978 - 4º posto
- 1982 - Campións
- 1986 - 2ª rolda
- 1990 - 3º posto
- 1994 - Subcampións
- 1998 - Cuartos de final
- 2002 - 2ª rolda
- 2006 - Campións
[editar] Palmarés na Eurocopa
- 1960 - Non participou
- 1964 - Non se clasificou
- 1968 - Campións
- 1972 - Non se clasificou
- 1976 - Non se clasificou
- 1980 - Cuarta plaza
- 1984 - Non se clasificou
- 1988 - Semifinais
- 1992 - Non se clasificou
- 1996 - Primeira rolda
- 2000 - Subcampións
- 2004 - Primeira rolda
[editar] Adestradores
- Augusto Rangone (1925-1928)
- Vittorio Pozzo (1929-1948)
- Edmondo Fabbri (1962-1966)
- Ferruccio Valcareggi (1966-1974)
- Enzo Bearzot (1975-1986)
- Azeglio Vicini (1986-1991)
- Arrigo Sacchi (1991-1996)
- Cesare Maldini (1997-1998)
- Dino Zoff (1998-2000)
- Giovanni Trapattoni (2000-2004)
- Marcello Lippi (2004-)
[editar] Xogadores clásicos
|
|
|
[editar] Na actualidade
Gardamallas:
- Gianluigi Buffon
- Morgan De Sanctis
- Angelo Peruzzi
- Flavio Roma
Defensas:
- Andrea Barzagli
- Fabio Cannavaro (capitán)
- Giorgio Chiellini
- Marco Materazzi
- Alessandro Nesta
- Massimo Oddo
- Cristian Zaccardo
- Gianluca Zambrotta
Centrocampistas:
- Simone Barone
- Manuele Blasi
- Mauro Camoranesi
- Daniele De Rossi
- Gennaro Gattuso
- Fabio Grosso
- Andrea Pirlo
Dianteiros:
- Alessandro Del Piero
- Alberto Gilardino
- Vincenzo Iaquinta
- Luca Toni
- Francesco Totti
- Christian Vieri