Río Tambre
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O río Tambre ten un percorrido de 125 Km, e pertence á vertente atlántica. Nace na parroquia da Porta, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada do Engano. O río Tambre conta cunha rica fauna os seus arredores, na zona de Portomouro (donde se xuntan o Tambre e o Dubra), pódense atopar numerosos animais de todo tipo en estado salvaxe ( garzas, parrulos, curuxas, nutrias...) Na auga abundan as troitas, os escalos e incluso anguias. Noutros tempos habia lampreas e salmóns pero desapareceu a sua presenza despois da construccion de embalses entre Portomouro a a desembocadura. Percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame ( 1.531 quilómetros cadrados).
O Dubra e o Barcala son os principais afluentes do río Tambre. No ano 2001 foi declarado lugar de importancia comunitaria (LIC).