Organización Mundial da Saúde
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Organización Mundial da Saúde (OMS), é o organismo das Nacións Unidas especializado en saúde, foi creado o 7 de abril de 1948, institución dependente das Nacións Unidas. O primeiro esbozo da OMS xurdiu da Conferencia Internacional de saúde celebrada en xullo de 1946. Nesta reunión, organizada por iniciativa do Consello Económico e Social da ONU, redáctanse os primeiros estatutos da OMS.
A primeira reunión da OMS tivo lugar en Xenevra, Suíza en 1948.
Tal e como establece a súa Constitución, o obxectivo da OMS é que tódolos pobos poidan gozar do grao máximo de saúde que se poida lograr.
A Constitución da OMS define a saúde como un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente como a ausencia de afeccións ou enfermidades.
Os 192 Estados Membros da OMS gobernan a Organización por conduto da Asemblea Mundial da Saúde. A Asemblea está composta por representantes dos Estados Membros da OMS.
Os principais cometidos da Asemblea Mundial da Saúde son aprobar o programa e o orzamento da OMS para o seguinte bienio e decidir as principais cuestións relativas ás políticas sanitarias.
[editar] Ver
- Nacións Unidas
- Organización Panamericana da Saúde