Orlando di Lasso
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Orlando di Lasso (ou Roland Lassus), compositor da escola francoflamenga natural de Mons, actual cidade de Bélxica (1532-1594). Cosmopolita antes dos 24 anos estivo en Milán, Nápoles, Roma, Amberes e París, en 1556 estableceuse en Múnic. Traballou todos os xéneros musicais, consérvanse unhas 1000 composicións profanas súas, sendo particulalmente un mestre do madrigal que contribuiu a difundir por toda Europa, inda que tamén destacou como compositor de chansons, villanelle e lieder. Ademais, xunto con Palestrina e Victoria, é un dos máximos representantes da música católica posterior ao Concilio de Trento con máis de 250 composicións relixiosas: misas, motetes e magnificat sobre todo. Pertence á última xeración de compositores franco-flamengos e, ao igual ca Jacques Arcadelt, estivo tamén ao servizo dos papas de Roma. O seu espírito cosmopolita achégao a compositores de períodos posteriores.