Osaca - 大阪市
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Osaca é unha cidade do Xapón, a segunda en importancia do país tras a capital Toquio, cunha poboación de 2.598.774 habitantes (censo do 2000).
Está situada no delta do río Yodo (o que lle da a súa configuración característica de cidade entre canais), xunto a súa desembocadura na profunda bahía de Osaka no centro da illa de Honshu.
Como é habitual no Xapón, a cidade ten as súas oríxes coa erección dun castelo en 1583.
Despoxada de poder político primeiro polas cercanas Nara e Kyoto (coas que configura xunto con Kobe unha megalópole de dezanove millóns de habitantes), e despois por Toquio, especializouse na actividade comercial e industrial, converténdose por moito tempo no principal centro do país.