Oslo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Oslo (tamén chamada Christiania 1624-1878, Kristiania 1878-1924) é a capital e a cidade máis habitada de Noruega. Segundo o censo de xullo do 2006 a cidade tiña 544.073 habitantes. A cidade cos concellos limítrofes ten 825.10 habitantes. Oslo ten un ritmo de crecemento anual duns 15.000 habitantes.
O centro de Oslo sitúase no final do Oslofjord, dende o cal a cidade se estende polas dúas beiras do Fiordo. A área metropolitana de Oslo ou Gran Oslo esténdese polos arrabaldes e concellos próximos á cidade formando unha concentración duns 1.300.000 habitantes. En toda a rexión do fiordo de Oslo viven un total de 1,7 millóns de habitantes.
O 22% da poboacíon da cidade está composta por inmigrantes.