P-39 Airacobra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bell P-39 Airacobra | |
---|---|
![]() |
|
P-39F-1-BE | |
Tipo | Caza |
Fabricante | Bell Aircraft Corporation |
Primeiro vóo | abril de 1939 |
O Bell P-39 Airacobra foi un caza estadounidense da Segunda Guerra Mundial. Foi un avión novidoso que levaba o motor detrás da cabina do piloto (no centro de gravidade do avión), coa intención de mellorar a súa axilidade. Este feito deixaba a proa libre para a instalación dun canón de 37 mm e montar un tren de aterraxe en triciclo. Sen embargo o resultado non foi moi satisfactorio. O seu prototipo voou por primeira vez en abril de 1939 e entrou en servizo en 1941. Foi usado tamén por Gran Bretaña e a Unión Soviética.
[editar] Especificacións
- Tipo: monopraza de interceptación e cazabombardeo Bell P-39D Airacobra
- Planta motriz: un Allison V-1710-35 de 1.150 hp de potencia
- Envergadura: 10,36 m
- Lonxitude: 9,19 m
- Peso máximo en despegue: 3.720 Kg
- Velocidade máxima: 350 millas/h
- Alcance operacional: 800 millas
- Armamento: un canón de 37 mm, dúas ametralladoras de 12,7 mm e catro de 7,62 e capacidade para unha bomba de 227 kg baixo a fuselaxe