País
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un país, ou estado nacional, é unha área xeográfica e unha entidad e politicamente independente, co seu propio goberno, administración, leis, a maior parte das veces unha constitución, policía, forzas armadas, leis tributarias, e un grupo humano. Para coñecer sobre a historia do desenrolo dos estados nacionais modernos, ver estado nacional. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional.
Moitas veces, partes dun estado nacional cunha historia ou cultura diferentes son chamados países: Gales e Escocia son ás veces chaamados países, inda cando non son estados nacionais, senón máis ben nacións.
Os termos país, nación, estado e terra soen ser utilizados coma sinónimos, mais nun uso máis estricto deben ser distinguidos:
- país é unha área xeográfica
- nación designa á xente, nembargantes nacional e internacional refírense tamén ao que son estrictamente estados, como en capital nacional e lei internacional
- estado é acerca do goberno, unha entidade na lei internacional
- terra pode ser usado como "un país e a súa xente" pero tamén como un país pertencente a unha nación ou a un monarca
Ver Lista de países