Pandeireta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A pandeireta é un instrumento membranófono de percusión presente en moitas culturas. Está formado por un aro sobre o que se tensa unha pel, cubrindo un lateral. Suxeito a el hai un conxunto de elementos (ferreñas ou similares). Adóitase a tocar cos dedos, gopeando sobre a pel, ou batendo con él sobre a man. A pandeireta forma parte do folklore Europeo dende sempre. O tamaño da pandeireta é moi variado (dende os 13 cm a máis pequena ate os 28 cm a máis grandes; nalgunhas excepcións chegan a ter 40 ou 50 cm denominandos pandeiras), e a Tuna adoptou o formato pequeno, que facilita as acrobacias dos Tunos que bailan e realizan saltos espectaculares mentres acompañan e marcan o ritmo das cancións con ela. A vistosidade e dificultade a hora de manexar este instrumento leva a premiar o "mellor pandeireta" en cada certame que se realiza.
En Galiza é un instrumento moi habitual, pola súa facilidade de emprego. O aro fúrase para introducir varios pares de ferriñas ou ferreñas, de latón ou outros metais, que lle dan o seu son característico. Tócase agarrándoo coa man dereita e manténdoa ergueita verticalmente. Xírase sobre o seu eixo vertical central, facéndoa bater contra a man esquerda (estendida, pechada ou contra os dedos). Tamén se abanea ao aire. Existen ademais outras variantes interpretativas.
Emprégase como instrumento de acompañamento, ben en grupos instrumentais, ou para leva-lo ritmo mentres se canta.
[editar] Un pouco de historia
O instrumento remóntase a varios miles de anos atrás, tendo sido tocado en Exipto, Asia Menor e sendo mencionado na Biblia en varias ocasións coma "tímpano", denominación coa que tamén se coñeceu en latín (lingua que serviu de ponte entre o hebreo orixinal e as linguas latinas actuais). Está comúnmente aceptado que a denominación galega procede do latín "pandorius" aínda que, como acabamos de ver, "tímpano" foi tal vez o nome propio latino. De todas formas, resulta moi difícil distinguir entre a tipoloxía cadrada (pandeiro) e a redonda (pandeireta) cando se investiga tomando textos antiguos, xa que ambos instrumentos tiveron a mesma denominación en diferentes etapas históricas e zonas do mundo.
Proba da popularidade que tivo a pandeireta dende época medieval, no noroeste peninsular, é a talla en pedra dunha imaxe de tocadora de pandeireta nun capitel da igrexa de San Xoán de Amandi en Villaviciosa (Asturias), que data do seculo XII, así coma a imaxe procedente do Cancioneiro da Ajuda galaico-portugués , procedente do século XIII. Curiosamente esta mesma historia está moi asociada ó intrumento maior do grupo, a pandeira ou pandeiro.
No 1536, nas festas do Corpus e de San Gregorio organizadas polo cabido da Seo zaragozana, figura un músico de pandeireta, e asimesmo, nun documento de 1558 procedente da obrería de San Paulo, figura outro ministril do instrumento de 1561. No 1596 estivo prohibida por un decreto de Filipe II, decreto que estivo en vigor ate varios anos despois de 1765; pero non por iso conseguiu que se perdese a tradición de asocia-la pandeireta ás panxoliñas. Entre as súas representacions máis coñecidas figura a serie dos Anxos Músicos de Fra Anxélico (1387-1455, no Museo San Marco, Florencia), moi similares ós que pintará nun retablo Agostino di Duccio, a mediardes do século XV, no templo Malatestiano (Igrexa de San Francesco, Rimini). O exemplar da Aparición da Virxe a unha comunidade, de Pedro Berruguete (1450-1504, no Museo do Prado) está menos detallado. Unha magnífica representación dunha pandeireta ou pandeireto encontrase no anónimo español (século XVI) Anxos Músicos, Museo do Prado; os seus axóuxeres son de menor diámetro se os comparamos cos debuxados por Fra Anxelico, e tamén o seu marco é máis estreito. Pola sua configuración achégase ós modelos populares todavía en uso. Outro exemplo, sen membrana e, por tanto, formada só por un aro de madeira con diversos xogos de axóuxeres, é o que pinta Esteban March nun bo retrato titulado Anciá cunhas sonaxas (Museo do Prado). Os dous modelos con e sen membrana, están representados no Extase de Santa Cecilia, de Rafael (1483-1520, na Pinacoteca Nazionale, Bolonia). A pandeireta foi, e esta sendo, moi usada nos máis diversos contextos, dende a música sinfónica ate a música pop-rock.
A voz pandeireta é máis moderna que pandeiro e non empezou a xeralizarse ate a segunda metade do século XVIII. O Diccionario da Real Academia Española da Lingua non incorporará a voz pandeireta (en castelán; pandereta) ate 1884. Namentes que no seculo seguinte seria incorporada nas primeiras publicacións da Real Academia Galega.